InicioSociedadeSargadelos homenaxea aos zoqueiros da Terra Chá con pezas exclusivas

Sargadelos homenaxea aos zoqueiros da Terra Chá con pezas exclusivas

PUBLICADA O

- Advertisement -

A galería de Sargadelos en Santiago de Compostela foi o escenario elixido pola empresa para presentar a franquiciados, distribuidores e medios de comunicación as novas creacións que a firma xa puxo á venda a través da súa canle de distribución e a tenda en liña, e que homenaxean os oficios tradicionais de zoqueiros e palilleiras de Camariñas. 

A marca pretende “reivindicar e darlle visibilidade a dous dos oficios tradicionais galegos”. Destaca neste sentido que a provincia de Lugo “e a comarca da Terra Chá en particular” foi terra de zoqueiros por excelencia, “previsiblemente por tratarse de terreos chaos con abundancia de bidueiros, árbore da que se obtén a materia prima para a súa elaboración”. O artesán Norberto Piñeiro, de Vilalba e 93 anos, expuxo na presentación o seu traballo.
Deste xeito, afirma Sargadelos, creouse “unha zoca de última xeración equipada cos últimos avances en confort e seguridade, capaz de facer máis levadeiro calquera camiño que un se propoña”. Deste xeito, este “calzado de xente humilde tallado en madeira” reproduciuse en porcelana.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...