InicioSociedadeAsí está a circulación nas zonas da Montaña de Lugo

Así está a circulación nas zonas da Montaña de Lugo

A neve obriga ao uso de cadeas en Pedrafita.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A neve que caeu, nalgúns momentos de forma copiosa, sobre a Montaña de Lugo obriga a transitar con cadeas ou pneumáticos de inverno polo porto de Pedrafita do Cebreiro e condiciona a circulación na Autovía do Noroeste (A-6) e a Nacional VI, aínda que xa se retiraron as restricións ao paso de camións e vehículos articulados en ambas as vías, onde o nivel de servizo é verde.

Os medios do Ministerio de Fomento traballaron nas últimas horas en ambas as vías e aínda que foi preciso meter camións durante a noite na zona de Gomeán, no municipio do Corgo, segundo informaron a Cope Lugo fontes do Subsector de Tráfico da Garda Civil, nestes momentos xa se pode transitar con precaución tanto pola Nacional VI como pola A-6.

Mantense prohibida a circulación de vehículos articulados , autobuses e camións na estrada autonómica LU-633, entre o quilómetro 0, en Pedrafita do Cebreiro, e o punto quilométrico 19, situado xa no municipio veciño de Triacastela.Nesa vía, é necesario o uso de cadeas ou de pneumáticos de inverno para que os turismos poidan transitar.

No Alto do Fiouco, entre Mondoñedo e Abadín, tamén se recomenda circular con precaución por mor dos fortes refachos de vento.

DISPOSITIVO A PLENO RENDEMENTO

Namentres, a Deputación Provincial de Lugo informou de que o dispositivo de vialidade invernal está a traballar a pleno rendemento desde onte para tratar de despexar máis de corenta estradas da rede viaria provincial, que pertencen a un total de doce municipios lucenses e que se viron afectadas pola neve caída nas últimas sobra a A Montaña. Un total de oito quitaneves traballan para “despexar 600 estradas provincial de 14 concellos”, sobre todo da montaña e do sur da provincia.

As estradas afectadas pola neve están nos municipios de Baleira, Folgoso do Courel, Cervantes, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga, Ribeira de Piquín, Samos e Triacastela.

De cara ás próximas horas, a Axencia Estatal de Meteoroloxía indica que as alertas por nevadas remitirán esta próxima madrugada. Javier Losada transmitiu aos máximos responsables a súa satisfacción polo desenvolvemento do dispositivo, tanto no que se refire ao estado das estradas principais, do que se ocuparon os medios de Vialidade Invernal do Ministerio de Fomento, como na información e auxilio dos condutores, do que se ocuparon os técnicos da DXT e os axentes de Tráfico da Garda Civil.

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

O luns abre o prazo para apuntarse nas actividades da Reserva Terras do Miño

A Deputación de Lugo abrirá o vindeiro luns o prazo para inscribirse nas novas actividades ambientais...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...