InicioMedioambiente e PatrimonioVisita do alcalde e da presidenta da Deputación de Lugo á EDAR...

Visita do alcalde e da presidenta da Deputación de Lugo á EDAR polo día Mundial da Auga

“As cidades sostéñense, en gran medida, sobre todo aquilo que non vemos. Non vemos as redes de saneamento, non vemos as estacións de tratamento, non vemos o traballo que hai detrás de cada proceso, pero todo iso é o que permite que algo tan simple como abrir a billa funcione”, sinalou a mandataria provincial durante a súa visita

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel Fernández, visitaron este martes a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da capital da provincia, situada á beira do río Miño. Na semana na que se conmemora o Día Mundial da Auga, percorreron xuntos as instalacións, acompañando aos escolares entre 3º e 6º de Primaria do CEIP Virxe da Luz de Portomarín.

As cidades sostéñense, en gran medida, sobre todo aquilo que non vemos. Non vemos as redes de saneamento, non vemos as estacións de tratamento, non vemos o traballo que hai detrás de cada proceso, pero todo iso é o que permite que algo tan simple como abrir a billa funcione”, sinalou a mandataria provincial durante a súa visita. Nese sentido, destacou que esta infraestrutura, que trata cada ano 24 millóns de metros cúbicos de augas residuais fai “un traballo silencioso, técnico, constante e absolutamente decisivo para a saúde ambiental da cidade”.

Pola súa banda, Miguel Fernández destacou que Lugo conta hoxe “cun sistema moderno e eficiente que garante todo o percorrido da auga” e que “a EDAR de Lugo é unha peza fundamental deste sistema”, “unhas instalacións de primeiro nivel que converten a Lugo nun referente nacional na xestión sostible do ciclo da auga e que permiten garantir un servizo esencial para toda a cidadanía”.

Auga e igualdade de xénero é a temática principal deste 22 de marzo, cando se conmemora o Día Mundial da Auga. Baixo o título Onde flúe a auga, crece a igualdade, as Nacións Unidas centran este ano a súa campaña na idea de que a auga non é só unha cuestión ambiental, senón tamén social e de xustiza. As mulleres e as nenas son as máis prexudicadas pola escaseza deste ben en moitas rexións, sendo elas as que a recollen e as que a administran no fogar.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...