InicioSociedadeOrozco volverá pedir o sobresemento da causa do Garañón, na que se...

Orozco volverá pedir o sobresemento da causa do Garañón, na que se mantén como investigado

O seu avogado asegura que os argumentos que utilizou Pilar de Lara para arquivar a causa pola denuncia da CSIF son os mesmos que emprega a denuncia para solicitar este sobresemento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O avogado de Xosé López Orozco, Gregorio Arroyo, anunciou que volverán pedir o sobresemento da causa que se segue contra o exrexedor pola urbanización do Garañón, un caso no que tamén está investigado o que fora secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro.

O letrado destacou que se insistirá neste sobresemento “en base aos propios argumentos do auto do arquivo que recentemente acordou a xuíza Pilar de Lara”. En concreto, o Xulgado número 1 de Lugo decretou o pasado venres o arquivo provisional da causa aberta tras a denuncia do sindicato CSIF contra a alcaldesa, Lara Méndez, e o seu predecesor Orozco polo nomeamento do posto de letrado asesor do concello de Lugo.

Arroyo asegurou que neste asunto a xuíza utilizou argumentos nos que xa insistía a defensa e que pasan por que a vía administrativa ou a vía contenciosa (non penal) é a adecuada para estes procedementos” de forma que non se poidan “penalizar condutas propiamente administrativas”.

Neste sentido, o avogado considera que “se hai algunha irregularidade, a vía contenciosa é a adecuada” e, por conseguinte, asegura que iso tamén sería “o lóxico neste caso, en base a estes mesmos argumentos nese xiro na argumentación xurídica por parte da instrutora”. “Por iso imos insistir no sobresemento”, incide o avogado madrileño.

Outra investigación que persegue a Orozco ten que ver cunha peza da Pokémon, a do guindastre, outro caso que confía en que se lle arquive a imputación. “As demais están arquivadas”, constata Arroyo. Tras o arquivo pola denuncia da CSIF, Orozco acumula xa sete desimputacións, que poderían sumar nove se finalmente se aceptan os seus argumentos para o arquivo do Garañón e para a peza da Pokémon.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia presume do éxito do Caudal Fest tras xuntar a “40.00 persoas”

O Caudal Fest pechou este fin de semana a súa oitava edición con preto...

O PP denuncia que Lugo sexa “a única provincia sen posto principal da Garda Civil”: “É unha discriminación máis”

Os senadores lucenses do PP, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

A Fiscalía eleva a 12 anos e medio a petición de cárcere para o acusado de maltratar e agredir sexualmente a filla de 4...

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este luns o xuízo contra un home acusado...

Acusado de introducir droga no cárcere de Bonxe tras regresar dun permiso penitenciario

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro venres a audiencia preliminar do caso...