Home Sen categorizar Concentración para o 9 de decembro, Día Internacional das Montañas, co lema “A montaña plántase”

Concentración para o 9 de decembro, Día Internacional das Montañas, co lema “A montaña plántase”

0
Concentración para o 9 de decembro, Día Internacional das Montañas, co lema “A montaña plántase”
Negueira, no val do Navia, parte da Reserva da Biosfera do río Eo, Oscos e Terra de Burón | Turismo de Galicia

“A Montaña Plántase”, unha concentración polo Día Internacional das Montañas o sábado 9 de decembro ás 16:00 na Fonsagrada.

A veciñanza de Fonsagrada e Santalla, e Stop Eólicos Negueira de Muñiz están a organizar para o próximo sábado 9 de decembro unha concentración en contra dos macroproxectos eólicos e en apoio á conservación das montañas, da natureza e a vida rural na honra do Día Internacional das Montañas.

Con esta concentración quérese mostrar que a veciñanza da zona segue a defender a dignidade das terras que sosteñen a gran biodiversidade do val do Navia e un modelo de transición ecolóxica baseado na reducción do consumo innecesario garantizando o básico, potenciando a produción local e o consumo de proximidade.

Para as persoas que están a organizar a concentración as zonas rurais non teñen por que soportar o coste dun modelo consumista e depredador que recorre ao expolio dos recursos naturais, e queren comunicar a súa mensaxe cunha marcha de convivencia na que non faltará a música e o bo ambiente co que plantarse frente ao colapso ecolóxico.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here