InicioMedioambiente e PatrimonioConcentración para o 9 de decembro, Día Internacional das Montañas, co lema...

Concentración para o 9 de decembro, Día Internacional das Montañas, co lema “A montaña plántase”

A organización apunta que a concentración é en contra dos macroproxectos eólicos e en apoio á conservación das montañas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

“A Montaña Plántase”, unha concentración polo Día Internacional das Montañas o sábado 9 de decembro ás 16:00 na Fonsagrada.

A veciñanza de Fonsagrada e Santalla, e Stop Eólicos Negueira de Muñiz están a organizar para o próximo sábado 9 de decembro unha concentración en contra dos macroproxectos eólicos e en apoio á conservación das montañas, da natureza e a vida rural na honra do Día Internacional das Montañas.

Con esta concentración quérese mostrar que a veciñanza da zona segue a defender a dignidade das terras que sosteñen a gran biodiversidade do val do Navia e un modelo de transición ecolóxica baseado na reducción do consumo innecesario garantizando o básico, potenciando a produción local e o consumo de proximidade.

Para as persoas que están a organizar a concentración as zonas rurais non teñen por que soportar o coste dun modelo consumista e depredador que recorre ao expolio dos recursos naturais, e queren comunicar a súa mensaxe cunha marcha de convivencia na que non faltará a música e o bo ambiente co que plantarse frente ao colapso ecolóxico.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...