InicioLugo e contornaLugoUn local de Lugo afronta multas de 30.000 a 600.000 euros por...

Un local de Lugo afronta multas de 30.000 a 600.000 euros por ter actuacións musicais sen permiso e carecer de seguro

Efectivos da Policía Local de Lugo levantaron acta de denuncia con respecto a un local de hostalaría da cidade por orgqanizar actuacións musicais sen a correspondente autorización e por carecer de seguro de responsabilidade civil.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Efectivos da Policía Local de Lugo levantaron acta de denuncia con respecto a un local de hostalaría da cidade por organizar actuacións musicais sen a correspondente autorización e por carecer de seguro de responsabilidade civil.

Segundo informaron fontes policiais, o pasado fin de semana, durante unha inspección, detectouse un local do centro histórico que carece deste seguro, o que supón unha infracción moi grave á normativa de espectáculos públicos de Galicia, polo que se abriron dilixencias de denuncia. O responsable do establecemento enfróntase a unha multa que pode ir de 30.001 a 600.000 euros e á posible clausura temporal ou definitiva do local.

Por outra banda, a Policía tamén comprobou que o establecemento ten licenza de café-bar, pero que organiza actuacións musicais en directo sen autorización, para o que ten instalado un palco móbil, micrófonos e megafonía. Esta situación deu lugar a outra denuncia.

Así mesmo, a Policía Local de Lugo informou da tramitación doutras 4 denuncias por venda ambulante irregular, detectada na mañá do venres. Unha dotación do 092 desprazouse ao parque da Milagrosa, con motivo do mercadillo semanal, e alí identificou a catro persoas que ocupaban espazo público para a venda ambulante sen autorización.

SEGURIDADE VIARIA

Con respecto ás actuacións relacionadas coa seguridade viaria, durante o fin de semana a Policía Local de Lugo denunciou a cinco condutores que circulaban baixo os efectos do alcol, un deles cunha taxa que superaba a cualificación de infracción e supuña xa un delito. En todos os casos os vehículos foron inmobilizados.

ÚLTIMAS

11 candidaturas optan ao XVI Premio Aresa de Desenvolvemento Rural 2025

Rematado o prazo de presentación de candidaturas, a Organización do Premio Aresa de Desenvolvemento...

O TSXG confirma o veto ao parque eólico Medoutraves na Fonsagrada por afectar á Rede Natura

A sección terceira da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

A ARMH homenaxeará a deportados lucenses en campos nazis co proxecto ‘Stolpersteine’

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) iniciará a próxima semana as...

O Concello de Lugo reclama á Xunta o financiamento do SAF segundo o “custo real”

O goberno local lucense defenderá no pleno deste mes unha proposición para reclamar á...