InicioCulturaOrgullo lucense: a galaica "Copora" de Yoe33, mellor mural do mundo do...

Orgullo lucense: a galaica “Copora” de Yoe33, mellor mural do mundo do mes de xuño

Lugo reafírmase como berce artístico internacional: dous anos despois do recoñecemento do "Xulio César" de Diego AS, a galaica "Copora" de Yoe33 acada o premio ao mellor mural do mundo do mes de xuño. Repetiremos co mellor mural do ano?

PUBLICADA O

- Advertisement -

A arte urbana lucense non deixa de triunfar. Con máis de trinta anos de historia graffiteira na cidade, con ducias de obras polas rúas, con numerosos festivais e eventos ás costas, semella que os anos 20 chegaron para poñer ás e aos artistas lucenses no lugar que merecen: no cumio do mundo. A galaica “Copora” de Yoe33 ven de unirse co seu recoñecemento como mellor mural do mundo do mes de xuño segundo Street Art Cities (a maior plataforma de arte urbana do mundo).

Foron moitos os recoñecementos anteriores, pero hai acordo en que houbo un punto de inflexión: a vitoria de Diego AS na Liga Nacional de Graffiti en abril do 2021. Poucos meses despois chegaría o campionato do mundo, no 2022 sería Rubén Paz (Trece Trazos) quen acadaría o segundo posto do mes de agosto, e agora é Yoe33 quen recupera para Lugo o campionato, neste caso do mes de xuño do 2023.

En tres meses “Copora” xa se converteu nun lugar de memoria, nunha icona da cidade amurallada, nun flashback aos tempos pre-romanos dos que, como é lóxico, coñecemos menos que doutras épocas da historia… un agasallo para a nosa fantasía, ben apoiado a nivel documental polo asesoramento do Museo Provincial de Lugo e de diversos arqueólogos. Un orgullo lucense para presumir.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...