InicioSociedadeO enfermeiro que lle gañou ao Sergas: "A miña penalización foi INXUSTA"

O enfermeiro que lle gañou ao Sergas: “A miña penalización foi INXUSTA”

O Servicio Galego de Saúde tivo que recoñecer que obrou de xeito inxusto ao penalizar a este profesional da área sanitaria de Lugo-Monforte-A Mariña por denunciar en La Sexta que asinara 500 contratos en 14 anos. Os sindicatos calaron e non se opuxeron ao castigo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

 “Hai 4 meses facía pública esta notificación de penalización. Hoxe por fin, tras varios recursos da miña avogada, podo reafirmarme no que sempre dixen: a penalización foi INXUSTA. Grazas a todas as persoas que me mostraron o seu apoio durante estes meses, que non foron poucas”. É a publicación que fixo o enfermeiro Héctor Castiñeira tras pasar catro meses penalizado por dicir unha verdade como unha catedral; a concatenación masiva de contratos por horas que teñen moitos profesinais da sanidade en Galicia.
Unha verdade que o profesional explicou en directo nun progrma de La Sexta e polo que, días despois, foi “castigado”. Durante ese programa, Castiñeira dixo que asinou máis de 500 contratos no sistema público de saúde galego durante 14 anos e ensinaba a súa vida laboral, “máis de 30 folios”, dicía. 

Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de laSexta Xplica (@lasextaxplica)
O sanitario puxo de manifesto que a súa difícil vida laboral “non é un caso particular, senón o de miles de enfermeiras e enfermeiros que ven obrigados a marcharse ao estranxeiro”. “O meu salario é de 1.670 euros cunha retención de 20%”, dixo. “Se quero gañar algo máis facendo noites ou traballando os festivos, gaño 300-400 euros máis na nómina. Non cobro máis que iso”, lamentou.
Días despois recibiu unha carta do xerente da área sanitaria de Lugo- A Mariña – Monforte, onde traballa que lle comunicaba unha “penalización” dun ano de bolsa de emprego polo que caía ao posto 780 para ser novamente contratado. Castiñeira decidiu poñer o caso en mans de abogados e catro meses despois obtivo a súa merecida victoria. O Sergas tivo que recoñecer a actuación inxusta e “repoñelo” no mesmo posto que ocupaba nas listas de vinculación temporal antes da penalización.

SILENCIO SINDICAL
Os recursos que Castiñeira fixo contra esa sanción foron debatidos nunha “Comisión periférica de seguimento”, onde está a Xunta e todos os sindicatos. Esa comisión, que ten a potestade de facer propostas vinculantes, acordou por unanimidade desestimar as súas alegacións inicialmente sabendo do inxusto da situación. Un acordo que se fixo co consentimento de todas as grandes centrais sindicais.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

Héctor Castiñeira é un divulgador do mundo sanitario e activo usuario de redes sociais. Baixo o nome de “Enfermera Saturada” ten unha conta de tuiter con 200,900 seguidores na que vai relatando os problemas aos que se enfronta día a día o sector sanitario en Galicia.

https://www.instagram.com/p/CkDWyBID05C/

ÚLTIMAS

Un motorista falece tras caer por un terraplén en Pedrafita do Cebreiro

Un motorista faleceu este venres tras precipitarse por un terraplén de 10 metros de...

PSdeG destaca 1.000 millóns en infraestruturas para Lugo

O secretario xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomei, e a deputada...

Veciña de Begonte detida por furto de xoias continuado nun centro de maiores

A Garda Civil, no marco da operación Renur1, detivo a unha veciña da localidade...

A Rede Museística, referencia do Estado en educación e investigación nos museos

'Xornadas Internacionais sobre museos e educación. Experiencias para difusión do patrimonio e o cumprimento...