InicioDeportesNace o equipo de cadeira de rodas Fundación Breogán Diversia

Nace o equipo de cadeira de rodas Fundación Breogán Diversia

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoiará a súa creación a través da colaboración coa Fundación Breogán, a área de Deportes apoia este proxecto que ofrecerá a posibilidade de practicar baloncesto adaptado en Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O obxectivo é consolidar un grupo de persoas que adestren semanalmente e sentar as bases para formar un equipo cunha actividade regular e continuada, que permita aproveitar os beneficios do deporte para as persoas, tanto no plano físico como emocional e social.

Os adestramentos comezarán o vindeiro 10 de marzo no Complexo Deportivo de Frigsa –de 11:30 a 13:00–. Dirixiranos Ángel Nadela e Karols Szluc, xogador do Abeconsa Basketmi de Ferrol que, durante a presentación do proxecto, relatou a súa propia experiencia.

O deportista polaco destacou que o baloncesto permite que as persoas que teñen que empregar cadeiras de rodas acaden maior autonomía en actividades cotiás e xenera vínculos que axudan a que aquelas que perden mobilidade por accidentes ou enfermidades se adapten ás novas circunstancias.

O deputado de Deportes Efrén Castro saudou a iniciativa que “amplía o acceso ao deporte en Lugo e aproveita a experiencia que teñen cidades como Ferrol para sacar adiante este tipo de proxectos deportivos, que melloran a vida das persoas e reforzan a sociedade no seu conxunto”.

As persoas interesadas en participar na actividade poden anotarse a través dun formulario electrónico dispoñible na web da Fundación Breogán. O equipo facilitará as cadeiras de rodas deportivas e o material necesario para os adestramentos.

ÚLTIMAS

“Sempre en Galiza. 1944-2024”, inaugurada no Museo Provincial de Lugo

A mostra, comisariada por Henrique Monteagudo e coordinada por Xesús Domínguez Dono, plásmase en...

Senadores do PP provincial piden explicacións sobre a rehabilitación da A-6

Os senadores do PP lucense rexistraron este venres unha pregunta na Cámara Alta dirixida ao Goberno...

A Deputación de Lugo presentará en Fitur a campaña ‘Provincia de Lugo. Mergúllate na maxia das súas augas’

A Deputación de Lugo presentará a súa nova campaña de turismo, 'Provincia de Lugo. Mergúllate na...

Os senadores do PP por Lugo defenden as 159 iniciativas presentadas en 2024, co sector rural ou Alcoa no foco

Os senadores do Partido Popular pola provincia de Lugo José Manuel Barreiro, José Manuel...