InicioSucesosO recurso contra a prisión permanente revisable do crime de Muimenta será...

O recurso contra a prisión permanente revisable do crime de Muimenta será vista o 18 de xullo no TSXG

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acollerá o 18 de xullo a vista polo recurso contra a condena de prisión permanente revisable a Ana Sandamil polo asasinato da súa filla Desirée Leal de sete anos.

Na vista revisaranse e examinarán os argumentos que no seu día se motivaron por parte da Audiencia Provincial de Lugo para esta condena máxima despois de que un xurado popular declarase culpable da morte da pequena en maio de 2019 a Ana Sandamil.

O cadáver da nena foi atopado na casa da nai, condenada polo asasinato en Cospeito, o mesmo día en que tiña que recollela o seu pai, José Manuel Leal. O avogado da acusación popular que exerce a Fundación Amigos de Galicia, Francisco José Lago, confirmou que a vista téñena sinalada para “o 18 de xullo”, pola mañá.

Segundo avanzou, manterán “o mesmo, de oposición ao recurso de apelación que formulou a defensa”. “Nós xa nos opuxemos ao recurso“, lembrou.

“AXUSTADA A DEREITO”

Para Lago Calvo a sentenza emitida pola Audiencia de Lugo “está perfectamente axustada a dereito, que é como debe de ser”, afirmou. “Nós manteremos as nosas posicións e discutiremos as alegacións da defensa”, abundou. O avogado interpreta que a defensa de Sandamil “discutirá a afectación sicolóxica, a situación síquica que tiña a autora, Ana Sandamil Novo”.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...