InicioDeportesJavi López afirma que "é posible" que haxa "algunha variación" no once...

Javi López afirma que “é posible” que haxa “algunha variación” no once titular

O primeiro adestrador albivermello subliña que "os tres mediapuntas" do Granada C.F. " teñen moita movilidade"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Javi López, adestrador de Club Deportivo Lugo, compareceu na rolda de prensa previa ao partido contra o Granada C.F. deste domingo ás 20:30 horas no estadio Nuevo Los Cármenes e correspondente á segunda xornada de La Liga 1|2|3.

López afirmou que ten a “todos” dispoñibles e “non hai ningún lesionado”. Adiantou que “é posible” que haxa “alguna variación” no once titular, pero “non demasiadas”. Lembrou que quere “un Lugo que vai a polo partido”.

Valorou que a “xente de arriba” do Granada “ten moita movilidade”, especialmente “esos tres mediapuntas” e xeran “os seus inconvenientes” para o rival. Calificou ao equipo nazarí como “atrevido”.

Contestou polas informacións que apuntan a posibles problemas do Club Deportivo Lugo co límite salarial: “É unha parcela que se me escapa a mín, hai que preguntar ás persoas que correspondan. Eu non vou valorar ese tipo de cuestións”.

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...