InicioSucesosVarios detidos en Meira e Friol vinculados a unha banda que roubaba...

Varios detidos en Meira e Friol vinculados a unha banda que roubaba pezas de retroescavadoras

A Garda Civil desarticulou unha organización criminal que actuaba en toda España e que dispoñía dunha loxística de alto nivel para perpretar os delitos. Na operación recuperouse material por valor de case 300.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil desarticulou unha organización criminal que cometía roubos con forza en instalacións mineiras de varias provincias de España, entre elas Lugo e A Coruña. Entre os detidos hai dous veciños de Meira, de 35 e 38 anos de idade, así como unha muller de 40 anos de Friol. Impútanselles delitos de roubo, falsidade documental e pertenencia a grupo criminal.

A operación policial iniciouse no verán do 2019 tras detectar un aumento de casos de sustracción de pezas que forman o sistema hidráulico e o sistema de mando das máquinas escavadoras utilizadas fundamentalmente no interior de canteiras.

A banda realizaba unha planificación previa da contorna do lugar, horarios da explotación e sistema de seguridade. Cada integrante desenvolvía un cometido, cun alto grao de preparación. Dispoñían dunha loxística operativa pensada para establecer unha estancia temporal nos lugares nos que pretendían roubar, así como lugares para ocultar as pezas sustraídas e que logo trasladaban ao seu destino final en vehículos con matrículas estranxeiras a nome de terceiros.

No marco da operación puidéronse recuperar pezas de retroescavadoras por un valor de 290.000 euros. Foron devoltas aos seus lexítimos propietarios. As persoas detidas foron postas a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

Pontón augura que o BNG “fará historia” en Lugo con Arroxo de alcalde

A portavoz nacional do Bloque presenta o candidato para as municipais de 2027 e presume de dar "estabilidade e rigor" á cidade amurallada.

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...