InicioSociedadeNova aula pechada en Lugo tras un positivo no CEIP das Mercedes

Nova aula pechada en Lugo tras un positivo no CEIP das Mercedes

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os centros e escolas infantís de Galicia rozan xa os 220 positivos por COVID-19. En concreto, os contaxios alcanzaron os 219 tras detectarse polo menos outros 20 máis respecto da xornada deste xoves e que obrigan a manter unhas 54 aulas pechadas nestas instalacións.

Os datos que manexa a Xunta de Galicia revelan novos centros nos que se detectaron contaxios nos municipios da Coruña, Sada, Ames, Boiro, Lugo, Bande, O Barco, Ourense, Vilanova de Arousa, Tui e Vigo. No caso de Lugo trátase dun positivo que se detectou no CEIP das Mercedes,

A Coruña, Pontevedra, Santiago e Vigo, que conta co maior número de unidades clausuradas, son as áreas con maior número de casos nos seus centros, ao contar con 45, 41 e 37 respectivamente. Pola súa banda, Ferrol mantense con 6, Lugo con 25 e Ourense con 28.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...