InicioSen categorizarCase un millón de euros para "O Teu Xacobeo" en Lugo

Case un millón de euros para “O Teu Xacobeo” en Lugo

Aclarou o delegado da Xunta que as actuacións previstas "reflicten unha gran variedade", porque hai actividades relacionadas coa arte, coa música, co patrimonio e tamén xornadas de divulgación e ciclos de conferencias vinculadas co Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo.

PUBLICADA O

- Advertisement -
 O delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro, confirmou que o programa ‘O teu Xacobeo’ mobilizará na provincia de Lugo unha cantidade próxima ao millón de euros, grazas aos 531.374 cos que subvencionará a administración autonómica un total de 52 actividades e proxectos en 28 municipios lucenses.
En rolda de prensa, Balseiro precisou que a Xunta de Galicia financiará 18 actuacións en 14 municipios promovidos polas entidades locais -concellos, consorcios e Deputación de Lugo-, por un importe de 275.000 euros; así como 10 propostas expostas por pemes e particulares en catro municipios, por un importe total de 321.000 euros.
Ademais, grazas a ese financiamento da Xunta de Galicia poñeranse en marcha 24 actuacións promovidas por asociacións e organizacións sen ánimo de lucro, cun investimento total de 357.000 euros, noutros dez municipios. Aclarou o delegado da Xunta que as actuacións previstas “reflicten unha gran variedade”, porque hai actividades relacionadas coa arte, coa música, co patrimonio e tamén xornadas de divulgación e ciclos de conferencias vinculadas co Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo.
“É a primeira vez que o goberno galego”, dixo Balseiro, pon en marcha todo un programa de actividades vinculado co Camiño de Santiago “coa participación directa da sociedade civil”, que expuxo os seus propios proxectos e propostas para buscar o financiamento ofrecido pola Xunta de Galicia. “Estamos a dar forma a un Xacobeo de todos e para todos”, dixo Balseiro.

 

ÚLTIMAS

Chuvia, neve e temperaturas baixo cero na montaña de Lugo

Os termómetros volvéronse a esborrallar na madrugada deste martes ata valores negativos na maior parte...

Convenio entre Deputación e os 67 concellos da provincia para modernizar o padrón da man do INE

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes, no Pazo...

Os socialistas e o Concello de Lugo esixen á Xunta un compromiso plurianual para o Museo da Romanización

O Concello de Lugo e o PSdeG avanzaron que esixirán á Xunta un compromiso...

Morre nun parque de Lugo un home de 37 anos tras ser atopado semiiconsciente

Un home de 37 anos faleceu o sábado pola mañá en Lugo tras ser atopado...