InicioSen categorizarRecuperado no encoro de Belesar o cadáver do desaparecido en Melide en...

Recuperado no encoro de Belesar o cadáver do desaparecido en Melide en febreiro

Durante a xornada deste mércores foi posible incorporar medios novos, en concreto, un sónar de varrido lateral.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes especialistas en rescate localizaron este mércores o coche do home desaparecido na contorna do encoro de Belesar, no río Miño. Nel, tamén estaba o cadáver que, segundo as primeiras hipóteses policiais, todo apunta que se corresponde con Emilio Pintor Mella, de 43 anos.

Fontes policiais explicaron que o dispositivo de procura sempre se mantivo pero que durante a xornada deste mércores foi posible incorporar medios novos, en concreto, un sónar de varrido lateral. Así, sobre as 12,30 horas localizouse o vehículo, que coincide co do home desaparecido de Melide o pasado mes de febreiro. No dispositivo participaron os GEOS da Policía Nacional.

As mesmas fontes móstranse prudentes en canto ao ocorrido, xa que o cadáver está deteriorado polo tempo que puido transcorrer debaixo da auga. Agora realizaráselle a autopsia para determinar as causas do falecemento.

MANIFESTACIÓN

A familia da vítima recorreu a SOS Desaparecidos para atopar a este home e mesmo o pasado 31 de marzo convocaron unha marcha que percorreu o centro da súa vila, Melide, e na Coruña para que non se deixase de buscar a Emilio e agradecer o apoio recibido.

A pista perdeuse na zona da Ribeira Sacra de Lugo, un lugar coñecido pola vítima pola súa actividade laboral.

+ posts

ÚLTIMAS

Axenda teatral do Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación

Continúa a dinámica axenda teatral dos concellos de Lugo dentro do Circuíto de Teatro...

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...