InicioSen categorizarDetido un presunto incendiario en Vilalba que prendeu lume á súa casa...

Detido un presunto incendiario en Vilalba que prendeu lume á súa casa para cobrar o seguro

Tamén a Garda Civil ten como investigada por un suposto delito de tenencia ilegal dunha especie de fauna protexida a unha veciña do municipio lucense de Guntín.

PUBLICADA O

- Advertisement -
 A Garda Civil imputou en calidade de investigado por un suposto delito de incendio en bens propios a un veciño do municipio lucense de Vilalba, un home de 51 anos de idade, por prender lume á súa propia vivenda para “defraudar á compañía aseguradora”. Os feitos polos que foi imputado sucedían o pasado mes de setembro nunha vivenda situada no municipio lucense de Vilalba, cando por mor dun incendio no inmoble, a Garda Civil iniciou unha investigación para determinar as causas do lume.
Esas pescudas deron como resultado a imputación do propietario da vivenda, por un suposto delito de incendio en bens propios, pero tamén por defraudar á compañía subministradora da enerxía eléctrica. A persoa investigada xa foi posta ao dispor da autoridade xudicial.
TENENCIA ILEGAL DE FAUNA PROTEXIDA
Tamén a Garda Civil ten como investigada por un suposto delito de tenencia ilegal dunha especie de fauna protexida a unha veciña do municipio lucense de Guntín. Esta veciña tiña na súa casa un papagaio dunha especie exótica e non puido acreditar a súa procedencia ao ser requirida polos axentes.
Segundo informou a Benemérita, a investigada é unha veciña Guntín, de 39 anos de idade, que tiña na súa casa un “papagaio yaco de cola vermella”, sen “contar coa documentación” necesaria para acreditar “a súa legal procedencia”. Trátase, precisa a Garda Civil, dunha especie que aparece incluída no convenio internacional sobre especies protexidas. A persoa investigada ha pasado ao dispor do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Lugo, en funcións de garda.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: “Satisfación” dos sindicatos en Lugo, a pesar da “presión policial” e “servizos mínimos abusivos”

Os sindicatos amosáronse este mércores "satisfeitos" co seguimento da folga xeral na provincia de...

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Multan con máis de 21.000 euros a un home por tocar o traseiro a unha muller en Lugo

Un home foi multado con máis de 21.000 euros por lle tocar o traseiro...