InicioSen categorizarLugonovo quere crear o Defensor do Veciño

Lugonovo quere crear o Defensor do Veciño

Tamén incorporan ao programa unha renda mínima de inclusión social e atención inmediata ás urxencias sociais mediante un servizo de triaje e a través de "un portelo único".

PUBLICADA O

O candidato de Lugonovo (marca de En Marea) á Alcaldía de Lugo, Xosé Chorén, presentou este mércores, en rolda de prensa, o programa electoral para o próximo 26 de maio, onde se inclúe a creación da figura do ‘ Valedor do Veciño’.
Chorén expuxo que “ten que ser unha figura” coa súa participación “regrada” e debería presentarse como “a voz directa dos veciños no pleno ou #ante o goberno”. Pretende que “non sexa algo que dependa da actitude caprichosa de quen estea no goberno (local), senón que sexa algo regrado”.
Todas estas propostas de participación, dixo, son iniciativas que recollen en Lugonovo como plataforma, porque foron trasladadas polo movemento veciñal. Ademais incorporan ao programa unha renda mínima de inclusión social e atención inmediata ás urxencias sociais mediante un servizo de triaje e a través de “un portelo único”.
Chorén volveu a insistir tamén na necesidade dunha actualización inmediata da Relación de Postos de Traballo, sobre un persoal próximo aos 600 funcionarios. #Ante o ” enquistamiento” das relacións do goberno local cos representantes sindicais, desde Lugonovo propúgnase a mediación, “#ante este conflito laboral”, do que fose subdelegado do Goberno, Xosé Vázquez Portomeñe.
+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...