InicioPolíticaXimena Cheda presenta a súa candidatura para encabezar Podemos Lugo nas municipais

Ximena Cheda presenta a súa candidatura para encabezar Podemos Lugo nas municipais

A portavoz do círculo local aposta por construír un proxecto "forte, útil e conectado coa realidade da maioría social" de cara aos comicios de 2027

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz do Círculo de Podemos Lugo, Ximena Cheda, anunciou a súa candidatura para encabezar a lista da formación nas próximas eleccións municipais de 2027. Cheda, que tamén forma parte do Consello Cidadán Estatal do partido e exerce como secretaria de Feminismos de Podemos Galicia, dá así o paso para optar a liderar o proxecto municipal da formación morada na capital lucense.

A aspirante explicou que afronta a decisión “desde a responsabilidade, pero tamén desde a ilusión e a convicción de que Lugo precisa unha esquerda valente, feminista e transformadora”. Entre as prioridades que sitúa para o futuro proxecto municipal están a defensa dos servizos públicos, o acceso á vivenda e os dereitos humanos.

Cheda contrapuxo estas propostas aos que cualifica como “discursos de odio” e ás políticas que, segundo sostén, contribúen a incrementar as desigualdades.

Na presentación da súa candidatura, a portavoz local incidiu en que a súa decisión non responde a unha aspiración individual, senón á vontade de participar na construción da proposta coa que Podemos concorra ás urnas.

“Non entendo a política como unha carreira persoal. Dou este paso para construír, sumar e contribuír a que Podemos Lugo chegue ás municipais cun proxecto forte, útil e conectado coa realidade da maioría social”, afirmou.

Cheda conta xa con experiencia en candidaturas electorais da formación. Nas municipais de 2023 figurou no segundo posto da lista de Podemos-Esquerda Unida na cidade de Lugo, segundo a candidatura oficial publicada no Boletín Oficial da Provincia.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...