InicioMedioambiente e PatrimonioA USC recibe o Muíño de Olga para convertelo nun espazo de...

A USC recibe o Muíño de Olga para convertelo nun espazo de divulgación científica en Lugo

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil entrega á Universidade o uso do inmoble tras unha rehabilitación de máis de 790.000 euros que permitiu recuperar o antigo muíño hidráulico

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Universidade de Santiago de Compostela incorporará o Muíño de Olga, en Lugo, á súa rede de espazos destinados á divulgación e á transferencia de coñecemento. O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, realizou a entrega simbólica das chaves do inmoble á reitora da institución académica, Rosa Crujeiras, como paso previo ao desenvolvemento de actividades científicas e formativas neste edificio.

A cesión materialízase ao abeiro dun convenio entre a CHMS e a USC e despois dos traballos de recuperación executados no recinto, cun investimento superior aos 790.000 euros.

Crujeiras destacou que a actuación permite combinar a conservación dun elemento vencellado á historia hidráulica da cidade cun novo uso universitario. “Este é un proxecto especialmente importante porque nos permite recuperar un elemento do noso patrimonio hidráulico e, ao mesmo tempo, darlle unha nova función ligada directamente ao coñecemento, á formación e á transferencia”, sinalou.

O inmoble naceu como un muíño hidráulico de río dotado de catro turbinas. Posteriormente funcionou como restaurante, unha transformación que, segundo a información facilitada, non modificou de maneira irreversible a estrutura arquitectónica orixinal.

O edificio distribúese en dúas plantas fsituadas por riba do nivel da auga e unha terceira baixo ese nivel, onde se conserva o circuíto hidráulico. A súa recuperación contou tamén cunha reforma promovida pola Escola Politécnica.

Tras a intervención, o Muíño de Olga dispón de máis de 360 metros cadrados acondicionados para acoller diferentes tipos de actividade. Entre os novos espazos figuran zonas destinadas a exposicións, así como unha sala situada na planta superior preparada para a celebración de charlas, encontros e reunións.

Esta dependencia conta con capacidade para máis de 40 persoas, o que permitirá á USC organizar no inmoble iniciativas de carácter científico e divulgativo abertas a diferentes públicos.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...