InicioPolíticaFeira de Ano en Gomeán para revivir a tradición gandeira co apoio...

Feira de Ano en Gomeán para revivir a tradición gandeira co apoio da Vicepresidencia da Deputación

A cita presentouse no xardín do Pazo de San Marcos, coa participación de representantes da asociación corguesa e do vicepresidente da Deputación Efrén Castro

PUBLICADA O

- Advertisement -

A carballeira de Gomeán, no Corgo, acollerá o vindeiro domingo 9 de agosto unha nova edición da Feira de Ano de Gomeán, organizada pola Asociación de Veciños “O Salgueiriño”.

A cita presentouse no xardín do Pazo de San Marcos, coa participación de representantes da asociación corguesa e do vicepresidente da Deputación Efrén Castro que puxo en valor “o traballo da asociación para revitalizar e reivindicar a tradición rural e gandeira do Corgo coa celebración desta feira, cun programa moi variado que implica a ganderías e profesionais do concello e da comarca”.

A xornada celébrase no campo da feira de Gomeán, que revivirá as feiras de antano,cunha mostra de razas autóctonas, da man de Boaga, e outra de maquinaria agrícola clásica, con vehículos de Muvicla, así como demostracións de oficios artesáns e actividades relacionadas coa vida tradicional no rural e a agrogandería, que animarán o recinto durante toda a xornada. Así, entre outras actividades, as persoas que se acheguen a Gomeán poderán seguir de primeira man demostracións de cetrería, manexo de porco celta e agility.

O programa complétase coas actuacións do grupo de música tradicional corgués Legua Dereita e de Cé Orquestra Pastasma, cun espectáculo para público familiar, e coa oferta gastronómica, cun menú degustación, con empanada e porco celta ao espeto, con produto da gandería local Rego de Manzadán.

A feira conta un ano máis co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que achega 5.000 euros para a organización da feira.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo aproba as bases para tramitar as subvencións do exercicio 2025 e do primeiro semestre de 2026

A Xunta de Goberno local de Lugo aprobou, fóra da orde do día, as...

O goberno local de Lugo aproba as bases para tramitar subvencións para o exercicio 2025 e primeiro semestre 2026

A Xunta de Goberno Local aprobou fóra da orde do día as bases...

O BNG de Lugo solicita un pleno extraordinario para “desbloquear máis de 2,7 millóns en facturas bloqueadas con Candia”

O portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que a súa...

O Lugo Music Festival ’26 reúne na cidade música e talento de diferentes estilos e países

Lugo prepárase para vivir, do 18 ao 22 de agosto, unha nova edición do...