InicioEconomíaO Campus Terra presenta o iTerra, unha aposta pola excelencia respaldada pola...

O Campus Terra presenta o iTerra, unha aposta pola excelencia respaldada pola Deputación

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este martes na Facultade de Veterinaria na presentación oficial do instituto iTerra de investigación en saúde global e desenvolvemento sostible do Campus de Lugo. O acto, presidido pola Reitora da USC, Rosa Crujeiras, contou coas intervencións do persoal investigador do centro e unha conversa sobre retos científicos compartidos baixo o lema Ciencia conectada para retos complexos: microcharlas e conversa.

Rivera Capón destacou o apoio que sostén a Deputación coa Universidade pública, nomeadamente coa de Santiago de Compostela, e subliñou que o iTerra contribuirá a situar o Campus Terra como un referente europeo en investigación e innovación responsable, proxectando desde Lugo un modelo de ciencia aberta, sostible e de excelencia.

+ posts

ÚLTIMAS

Javier Arias asume Urbanismo en Lugo para desbloquear licenzas e reforzar unha área “estratéxica”

O Goberno local de Lugo deu conta este venres do nomeamento de Javier Arias...

Identifican o agresor sexual dunha nena na cidade de Lugo en 2019

A Policía Nacional de Lugo informou do esclarecemento dun caso de agresión sexual cometida...

O BNG presenta en Lugo a candidatura de Rubén Arroxo á alcaldía para as municipais de 2027

O BNG celebrará o vindeiro mércores en Lugo un acto público para presentar a...

A Policía Nacional investiga seis roubos en vehículos estacionados nunha rúa de Lugo

A Policía Nacional de Lugo abriu unha investigación para esclarecer seis roubos rexistrados en...