InicioPolíticaComezan as obras na estrada provincial entre Portomarín e Taboada

Comezan as obras na estrada provincial entre Portomarín e Taboada

Tamén a Deputación de Lugo vén de iniciar as obras de rehabilitación da LU-P-4802, que conecta os concellos da Pontenova e Ribeira de Piquín

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

A Deputación de Lugo vén de iniciar este mércores as obras de mellora na estrada provincial LU-P-4905, que conecta os concellos de Portomarín e Taboada. Esta actuación céntrase nos primeiros 10,5 quilómetros da vía, ao seu paso polo termo municipal de Portomarín, e conta cun prazo de execución estimado de mes e medio desde o comezo dos traballos.

A empresa Construcciones y Obras Taboada Ramos SLU é a encargada de levar a cabo as obras, que inclúen a reapertura de cunetas, o saneo da explanada e a renovación do firme mediante pavimentación, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e as condicións de circulación neste treito da rede provincial.

Esta intervención dá continuidade a un proxecto anterior de mellora da mesma vía, que afectou ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos, cun investimento de 200.000 euros. Co conxunto destas actuacións, a Deputación de Lugo completará a renovación integral da estrada LU-P-4905.

Trátase dunha actuación de grande importancia para a mobilidade da zona, xa que esta estrada é a principal vía de comunicación entre Portomarín e Taboada e dá servizo directo a numerosas parroquias do seu ámbito de influencia. A súa mellora permitirá facilitar os desprazamentos cotiáns da veciñanza, incrementando a seguridade viaria e contribuíndo á mellora da conectividade e da cohesión territorial.

OBRAS NA ESTRADA ENTRE PONTENOVA E RIBEIRA DE PIQUÍN

A Deputación de Lugo vén de iniciar as obras de rehabilitación da LU-P-4802, que conecta os concellos da Pontenova e Ribeira de Piquín. Os traballos afectan ao treito final da vía, na comarca da Montaña lucense, nun tramo de tres quilómetros que transcorre paralelo ao río Eo, desde a parroquia de Santalla ata Ponte Soutelo.

A empresa Ovisa Pavimentos y Obras SLU é a encargada da actuación, que comezou coa reapertura de cunetas e continuará coa execución dunha escollera, a pavimentación con aglomerado en quente e a renovación da sinalización horizontal e vertical.

Trátase dunha actuación relevante que mellora a seguridade viaria e a conectividade entre as comarcas da Mariña e da Montaña, vertebrando as parroquias situadas no val do Eo, unha zona de alto valor natural e paisaxístico.

+ posts

ÚLTIMAS

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

Centos de persoas protestan en Lugo pola retirada da bandeira palestina do Vello Cárcere tras a chegada de Elena Candia á Alcaldía

Centos de persoas concentráronse este sábado en Lugo para rexeitar a retirada da bandeira...

Elena Candia acompaña á Garda Real en Lugo no seu segundo día como alcaldesa

Elena Candia participou este sábado nos actos organizados pola Garda Real na cidade de...

Candia e Reigosa xuntas en varios actos protocolarios municipais

A concelleira non adscrita de Lugo, María Reigosa, participou este venres en varios actos...