InicioPolíticaMéndez, "tranquila" ao declarar polo que considera un caso "administrativo"

Méndez, “tranquila” ao declarar polo que considera un caso “administrativo”

A alcaldesa Lara Méndez compareceu no Xulgado de Instrucción despois de tres aprazamentos para responder pola demora no cese da letrada municipal

PUBLICADA O

- Advertisement -

Catorce meses e tres aprazamentos despois da citación inicial, Lara Méndez compareceu no Xulgado de Instrucción para responder por un caso de suposta malversación. A acusación parte do sindicato CSIF, que aprecia delito pola demora no cese dunha funcionaria municipal. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ordeara a fin da relación laboral co Concello de Lugo con límite en maio de 2016, mais o executivo non fixo efectiva a medida ata xullo.

A declaración de Méndez seguiu á que realizara hai un mes o seu predecesor na alcaldía, Xosé López Orozco, investigado na mesma causa. Como apunta GaliciaConfidencial, ámbolos dous seguirán a mesma estratexia perante o que consideran un asunto que debeu ser resolto por vía administrativa, ao entender que carece de percorrido xudicial. Esta é a tese que mantén a rexedora dende que se presentara a querela, hai dous anos e medio.

Así, Méndez afirmou estar “tranquila”, con “gañas de declarar” e de “aclarar este trámite administrativo”. A candidata a repetir na alcaldía de Lugo quitou deste xeito importancia á investigación, na que aparece asemade a propia letrada cesada, e admitiu estar “sorprendida” de que o caso fose por vía penal, no canto dun contencioso administrativo.

Denuncia por prestación de servizos sen contrato

Méndez amosou a súa inquedanza pola xudicialización dos asuntos de goberno, apuntando directamente contra o principal grupo da oposición, o Partido Popular. A socialista terá que afrontar outra causa xudicial pola prestación de servizos sen contrato, auspiciada polos conservadores, e que asumiu a xuíza Pilar de Lara.

“Non temo porque, por desgraza, é algo moi habitual neste Concello que se trate de xudicializar toda a vida política e pública”. Sinalou á bancada popular, en concreto, por pretender “gañar nos xulgados o que é incapaz de gañar nas urnas”, algo que “non debería ser unha práctica habitual nun estado democrático”.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...