InicioPolíticaMéndez asume a confirmación do PSdeG "para continuar o iniciado hai tres...

Méndez asume a confirmación do PSdeG “para continuar o iniciado hai tres anos”

A alcaldesa aspira á reelección imaxinando a realización dun Lugo "afable e pensado para o peón" e pon o horizonte en 2023, data de conclusión da estratexia EDUSI

PUBLICADA O

- Advertisement -

Sen desmerecer o procedemento interno, Lara Méndez é consciente de que a súa confirmación é inminente. Sen rivais nas primarias da agrupación socialista, a alcaldesa de Lugo será candidata á reelección co horizonte en 2023, data de finalización da Estratexia Europea de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrador (EDUSI). A sucesora de López Orozco estabeleceu en dous mandatos o mínimo indispensable para realizar a visión dunha cidade “afable” e “pensada para o peón”, amén de proxectos “a curto prazo” coma o viveiro de empresas da Tinería, que este mércores entrou na fase final coa entrega das chaves.

A iniciativa empresarial do histórico barrio de Lugo foi empregado por Méndez coma exemplo das políticas que os socialistas plantexan para a cidade, mais tamén na desputa pola Xunta de Galicia. A alcaldesa encomendou ao secretario xeral do partido e candidato autonómico, Gonzalo Caballero, a seguir “traballando arreo” para “fortalecer o noso partido coma alternativa real de goberno”, para así “implantar as políticas” que fixeron durante o bipartito de Pérez Touriño e o tripartito de González Laxe. 

“Toca unha época de cambio na Xunta para seguir implantando as políticas que hoxe traemos aquí”, asegurou Méndez. “A Xunta quería unha poxa para que viñeran, compraran e non se soubera a finalidade deses locais”, en referencia aos edificios rehabilitados polo executivo galego na Tinería. “O goberno socialista parou a poxa e alugou os locales para dinamizar o barrio. Este exemplo tan práctico que temos aquí é o que queremos implantar alí onde gobernamos, por iso queremos un partido forte, para ser a alternativa real que tanto precisa neste momento Galicia”.

No que respecta a Lugo, a presidenta da corporación local mantén que a súa intención “é continuar o proxecto que iniciamos hai tres anos”. Méndez argumentou que, malia existir proxectos realizables no curto prazo, tales coma o viveiro de empresas da Tinería, “as grandes estratexias, piares do noso modelo de cidade” requiren dun segundo mandato para a súa implementación. Referiuse así aos esforzos pola peonalización ou os réditos da EDUSI, con 22 millóns de euros de fondos europeos captados para investir ata 2023. “Estamos no momento que estamos, para facer unha cidade afable, pensada no cidadán. A min gústame concluír os proxectos, e concluilos ben”.

“Tranquila” perante os procesos xudiciais pendentes

Acerca da denuncia do Partido Popular pola prestación de servizos sen contrato, que instrúe a xuíza Pilar de Lara, Méndez dixo que non teme consecuencia algunha. “Non temo porque, por desgraza, é algo moi habitual neste Concello que se trate de xudicializar toda a vida política e pública”. Sinalou á bancada popular, en concreto, por pretender “gañar nos xulgados o que é incapaz de gañar nas urnas”, algo que “non debería ser unha práctica habitual nun estado democrático”.

Méndez, que este xoves terá que declarar no Xulgado de Instrucción pola suposta malversación na demora no cese da letrada que asesoraba ao goberno local. “Sorprendeume cando se presentou unha querella por un tema administrativo”, que asegura, tería que acabar nun contencioso. “Non é común nin lóxico que finalice na vía penal –continou–, levo un ano dende que me citaron inicialmente para declarar, quero contestar a todo, aportar todo o que nos poidan solicitar, e clarexar a situación para que acabe canto antes”, remachou. 

“Por días coma este quero ser alcaldesa”

A entrega de chaves de oito locais comerciais da Tinería foi “un día feliz” para Méndez, quen asegurou que no gabinete municipal “temos gañas de xestionar proxectos que se rentabilicen, se vexan e sexan palpables”. A alcaldesa celebrou o inicio de “unha nova etapa” no barrio, no que cinco das oito iniciativas de emprendemento son responsabilidade de mulleres, “coma moitas iniciativas do CEI Nodus e o Coworking”. “Vemos que hai moitísimo talento, moi boas ideas, mulleres con moitas ganas de emprender”, polo que o viveiro de empresas é “un xeito de que ese talento quede na cidade” e aproveitar “o potencial e capacidade de desenvolvemento” do emprego feminino.

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...