InicioPolíticaO HULA disporá dunha sala de agarda digna para as familias e...

O HULA disporá dunha sala de agarda digna para as familias e os nenos e nenas que acoden a urxencias

A deputada Olalla Rodil obtivo o compromiso do Goberno do PP para habilitar ese espazo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG demandou no Parlamento Galego a habilitación dunha sala de agarda digna para as crianzas e familias que agardan nos servizos de Urxencias Pediátricas no Hospital Universitario Lucus Augusti, en Lugo.

A deputada por Lugo, Olalla Rodil, declarou que, se ben o BNG non pon obxección ao traslado das Urxencias Pediátricas dentro do hospital, este traslado non pode conlevar situacións como “non atopar espazo nin suficiente nin debidamente acondicionado para agardar a súa quenda”, como ocorreu nos meses de novembro e decembro, coa suba de casos de enfermidades respiratorias en nenos e nenas.

Área Sanitaria de Lugo-Cervo-Monforte

A deputada nacionalista por Lugo, Olalla Rodil, en relación a esta área comentou que está a sufrir unha vulneración do dereito das crianzas á asistencia sanitaria. Segundo referiu, “só hai pediatra, por exemplo, en Meira e atende ás nenas e nenos deste concello e dos da Pastoriza, Riotorto, Pol e Ribeira de Piquín. Se non hai pediatra en Meira, que é bastante habitual, vas a Vilalba e Vilalba non ten pediatra, levan moitos días sen el, tanto que se mobilizou hai uns días a veciñanza reclamando a cobertura da praza”.

Fronte esta situación, Rodil argumentou que pode haber consenso en todas as forzas políticas en que o feito de masificar e agardar nas Urxencias “non é cómodo en ningún caso pero se falamos de crianzas, bebés en moitos casos, debe e pode habilitarse un espazo co acondicionamento necesario para garantir, na medida das posibilidades, un espazo confortable para as nenas e nenos e quen as acompaña”. É por iso que o BNG emprazou ao Executivo do PP a ofrecer unha zona de agarda digna para familias e nenos e nenas, proposta que acadou a unanimidade na Cámara, coa promesa de cumprirse no prazo dun mes.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...