InicioPolíticaRubén Arroxo, tenente de alcaldesa: "Existe a crenza de que os políticos...

Rubén Arroxo, tenente de alcaldesa: “Existe a crenza de que os políticos prometen e non fan, e nós cumprimos case o 100 % do prometido”

O nacionalista presume a poucos meses das eleccións municipais, nas que volverá encabezar a lista do BNG, de cumprir "practicamente na súa totalidade" o programa electoral co que se presentou fai catro anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

tenente de alcaldesa, Rubén Arroxopresume a poucos meses das eleccións municipais, nas que volverá encabezar a lista do BNG, de cumprir “practicamente na súa totalidade” o programa electoral co que se presentou fai catro anos.

Este venres, Arroxo asegurou que “non lle gusta vender fume e prometer cousas que despois non se fan” e por iso celebra que “todo o devandito no 2019”, no que respecta a áreas que dependen do BNG, “cumpriuse”.

O candidato do BNG, formación que goberna a cidade de Lugo en coalición co PSOE, di que existe “certa crenza de que os políticos prometen, pero non fan”. “Nós podemos dicir que a catro meses das eleccións cumprimos con case o 100 % do prometido e que aínda temos tempo para chegar ao total”, apostilou.

Unha das grandes demandas da cidadanía este ano era poder celebrar, “tres anos despois”, un Nadal como antes. Neste sentido, defendeu que a cabalgata de reis “estivo á altura”.

“Cumprir o que cumprimos significa que vexamos cambiando a cidade de Lugo”, engadiu Arroxo, que destacou como fitos do mandato as peonalizacións, o “acougado” do tráfico en zonas de centros educativos e a instalación de pasos elevados.

De entre as últimas actuacións destacan desde o BNG os cambios na zona de Recatelo. “Era un barrio que estaba de canga baixa, con coches pasando a 15 centímetros da Muralla Romana, criamos que era unha necesidade actuar e agora vemos un barrio con máis espazos para as persoas”, detallou.

O próximo paso, segundo avanzou, será actuar no tramo da rúa Isaac Díaz Pardo e traballar na remodelación do carril dos Loureiros, que une Recatelo coa Rúa Vilalba.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...