InicioSucesosDesarticulado un clan familiar que vendía droga en varios barrios de Lugo

Desarticulado un clan familiar que vendía droga en varios barrios de Lugo

Utilizaban patinetes eléctricos para moverse.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Policía Nacional detivo a cinco persoas na desarticulación dun clan familiar dedicado ao tráfico de drogas en distintos barrios da cidade de Lugo.

Os arrestados, que teñen entre 25 e 45 anos e contan todos con antecedentes policiais, operaban nas Gándaras, Milagrosa e Lamas de Prado, segundo informou este venres a Policía Nacional.

A operación contra este clan familiar deriva doutras investigacións realizadas ao longo de 2022, no que os axentes da Comisaría luguesa lograron desarticular máis de 20 puntos de venda de estupafecientes.

Este grupo usaba unha “infravivenda ocupada” nas Gándaras onde manipulaban a droga, que chegaban mesmo a esconder en zonas de monte dos arredores. Así mesmo, tamén empregaban outro “narcopiso” no barrio da Milagrosa para levar a cabo as vendas. Nesta vivenda había unha “narcosala”, é dicir, un espazo para o consumo dos drogodependentes que acudían a comprar as súas doses.

O clan utilizaba mesmo a estas persoas para repartir vendas entre os consumidores a cambio de dose, unha vía para conseguir que os responsables nunca sexan detectados con droga enriba. Para estas transaccións, o grupo utilizaba distintos medios de transporte, incluídos patinetes eléctricos, unhas prácticas que xa foron detectadas noutras operacións realizadas na cidade de Lugo.

A operación saldouse con cinco detidos que foron postos a disposición xudicial, así com

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...