InicioPolíticaAna Pontón insta a "sumar" ao redor do BNG para "darlle un...

Ana Pontón insta a “sumar” ao redor do BNG para “darlle un futuro mellor” a Lugo e a Galicia

Participa no acto de homenaxe do Bloque en Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, instou a “sumar” ao redor da formación para “darlle un futuro mellor” a Lugo e a Galicia no acto de homenaxe que tivo lugar na cidade para todos os concelleiros e concelleiras das sucesivas corporacións locais.

“É necesario sumar forzas ao redor dun BNG que demostra cada día ser a opción sólida, leal e construtiva para cambiar Lugo e para cambiar Galicia”, afirmou, tras o que agradeceu o “compromiso e traballo” dos homenaxeados. Pontón destacou ademais a “capacidade transformadora do BNG en Lugo da man de Rubén Arroxo”, que volve ser cabeza de lista para as próximas municipais.

“Estamos nun municipio que mellorou a vida das persoas, no que é máis fácil camiñar, no que se gañaron espazos públicos para o goce da xente, no que se desenvolveu un proceso de humanización que Rubén continuará desde a Alcaldía de Lugo a partir das próximas eleccións”, vaticinou a portavoz.

Neste sentido, destacou ademais que os próximos comicios son “unha gran oportunidade para continuar o camiño andado e desenvolver o proxecto do Bloque con máis amplitude, para o ben das persoas que viven e traballan en Lugo, xerando novas oportunidades de futuro no económico, o social e o cultural”. “Os municipios do BNG son o mellor espello, a mellor carta de presentación de que estamos preparados para liderar Galicia. A todos e a todas grazas polo voso traballo”, continuou.

+ posts

ÚLTIMAS

Case nove de cada dez euros para concellos do PSOE e BNG: a denuncia do PP contra a Deputación de Lugo

O reparto dos fondos da Deputación de Lugo a través de convenios cos concellos...

Tomé, convocado por “erro” á xunta de portavoces provincial para asinar a declaración contra a violencia de xénero

A sinatura da declaración institucional con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da...

Desaloxados varios colexios en Lugo por ameaza de bomba

A Policía Nacional levou a cabo na mañá deste mércores desaloxos en colexios galegos...

Buscan en Suíza probas da falsa médica sobre a que pesa unha orde internacional de procura

O xulgado de instancia de Lugo, sección penal, praza 2, agarda resposta das autoridades...