InicioPolíticaA lucense Olga Louzao, nova coordinadora de Cs-Galicia

A lucense Olga Louzao, nova coordinadora de Cs-Galicia

Substitúe a Beatriz Pino.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A luguesa Olga Louzao releva a Beatriz Pino como coordinadora de Ciudadnos en Galicia, que reorganiza os seus principais cargos directivos a nivel autonómico.

Louzao, que exerceu de portavoz en Galicia ata 2019, substitúe á candidata á Presidencia da Xunta nas últimas eleccións autonómicas, nas que o partido laranxa non logrou representación.

Pino despídese xunto aos principais membros do seu equipo que a acompañaron desde o seu nomeamento como coordinadora de Cs en setembro de 2020, dous meses despois dos comicios galegos.

A actual portavoz municipal lucense toma as rendas da formación laranxa en pleno arranque de ciclo electoral. Louzao asegura que este novo camiño “non cambiará nada” para ela e promete seguir “tendo a Lugo como prioridade”.

Cs Galicia di estar a traballar desde “xa” para as eleccións municipais do próximo mes de maio co obxectivo de “chegar á cita con candidatos, equipos e programas capaces de atender ao interese xeral dos galegos”.

Louzao di ser consciente de que o partido, a nivel estatal, non goza de boa saúde e recoñece que se trata de “un momento moi difícil para Cs. Por iso, o seu obxectivo é “conformar unha lista de candidatos que atractiva, que seduza, á cidadanía”.

Xunto ao de Louzao, a dirección de Cs acordou tamén os nomeamentos de Manuel Moinelo como Secretario Delegado de Acción Institucional; de Eva Endress como Secretaria Delegada de Organización; de Juan Vidal como Secretario Delegado de Comunicación, e de Juan Insua como Secretario do Comité.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...