InicioPolíticaTomé acusa a Feijóo de "usar medios públicos" para a campaña interna...

Tomé acusa a Feijóo de “usar medios públicos” para a campaña interna do PP

"Se quere andar de mitins, o que ten que facer é dimitir, deixar a Xunta e dedicarse a iso. Ten todo o dereito do mundo, pero que llo pague o Partido Popular", remarcou o presidente da Deputación de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo e secretario provincial do PSOE, José Tomé, acusou ao xefe do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijoo, de “utilizar medios públicos” para a súa campaña para facerse co liderado do PP a nivel estatal.

Tomé, en declaracións aos medios antes do pleno provincial celebrado este martes, denunciou que Feijóo empregou “medios públicos” para facer a súa campaña. “Está a utilizar o que lle pagamos na Xunta de Galicia todos os galegos para facer campaña por España adiante”, aseverou.

Se quere andar de mitins, o que ten que facer é dimitir, deixar a Xunta e dedicarse a iso. Ten todo o dereito do mundo, pero que llo pague o Partido Popular”, remarcou. “Os galegos non lle temos que pagar que ande viaxando por España dando mitins”, insistiu Tomé, que vaticinou o “exemplo” que “será” Feijóo “o bo xestor” cando en toda España se vexan as súas políticas.

+ posts

ÚLTIMAS

Os premios Dalle like recoñecen os creadores de contido galegos co apoio da Deputación

  O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado na...

O PP reclamará na Deputación o arranxo da LU-P-1811 en Chantada

Os deputados do Grupo Provincial Popular reclamarán no vindeiro pleno que o goberno da...

Lugo aproba o seu novo organigrama cun aforro do 40% no gasto político

O Concello de Lugo acolleu este venres a sesión plenaria na que se aprobou...

A Deputación financia unha nova área de autocaravanas na Pastoriza

  O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este sábado na inauguración da...