InicioPolíticaAna Pontón: "É vital situar Lugo no mapa do tren. Hoxe está...

Ana Pontón: “É vital situar Lugo no mapa do tren. Hoxe está perdendo oportunidades”

"Cremos que non só ten responsabilidades o Estado senón que a Xunta ten que facer un impulso a esas demandas", apostilou a líder nacionalista.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG envorcarase en reivindicar un tren en “condicións e digno” para Lugo e avanzou diferentes medidas de presión ante as distintas administracións, ademais de destacar que tamén mobilizará o tecido social da provincia.

Nun acto na Praza de Abastos da cidade de Lugo, a portavoz nacional, Ana Pontón, defendeu a necesidade de que “o ferrocarril non só sexa un elemento vertebrador do territorio senón tamén de creación de oportunidades desde o punto de vista económico”.

“Lugo leva discriminada décadas e o que vemos é que co ferrocarril, que é a conexión de futuro, a cidade de Lugo está claramente desconectada, pérdense servizos, son servizos con poucas oportunidades de vertebración e, ademais, temos liñas como pode ser a da Coruña- Lugo que están decimónonicas e cuns tempos que non son para nada competitivos“, lamentou.

Pontón considera vital “situar Lugo no mapa do tren” e argumentou que “iso require unha acción de país e que sexa un elemento central”. “Hoxe Lugo perde oportunidades económicas e de desenvolvemento polo seu illamento en materia de infraestruturas”, sinalou.

E advertiu que o BNG “fará un tema de país a conexión ferroviaria de Lugo, en varias direccións, no sentido que hai que modernizar a liña con Coruña e tamén suplir unha anomalía e é que Lugo é a única cidade sen conexión directa coa capital de Galicia que é Santiago”.

“HAI QUE DICIR XA ABONDA”

Ana Pontón indicou que “se comezou unha campaña en defensa do ferrocarril en Lugo, que é unha campaña que ten que significar que todas as administracións movan ficha á hora de defender este ferrocarril”. “Cremos que non só ten responsabilidades o Estado senón que a Xunta ten que facer un impulso a esas demandas”, apostilou.

Dito isto, proclamou que o BNG non está disposto a “permitir que Lugo siga discriminado” porque “iso significa perder futuro”. “Hai que dicir xa abonda, Lugo necesita poñerse no mapa do tren e desde o BNG imos lanzar unha campaña en todos os ámbitos, no social e institucional para conseguir esa modernización do ferrocarril”, proclamou.

MERCADO LOCAL

Previamente, o portavoz nacionalista no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xustificaba esta visita á Praza de Abastos “dentro do modelo de aposta polo mercado local, polo produto de proximidade” que fan os nacionalistas. “É moi importante apostar polo mercado local, que é o que crea postos de traballo e o produto de proximidade, que son produtos de calidade e tamén crea postos de traballo aquí”, resolveu

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...