InicioPolíticaO PP de Lugo: "A Deputación é incapaz de xestionar os fondos...

O PP de Lugo: “A Deputación é incapaz de xestionar os fondos europeos”

Os populares móstranse "preocupados" pola "parálise" do órgano administrativo: "Debe liderar, algo que non ocorre a día de hoxe", sinalan.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP de Lugo mostrouse “preocupado” pola “parálise” demostrada por parte do Goberno provincial dirixido por José Tomé, ao que ven “incapaz de xestionar os fondos europeos e liderar a reactivación económica da provincia”.

Así llo fixo saber o grupo provincial á presidenta do partido en Lugo, e deputada autonómica, Elena Candia, coa que se reuniron “no marco dos seus frecuentes e periódicos encontros para avaliar a situación política en Lugo e analizar as mellores iniciativas para a provincia”, tal e como sinalaron nun comunicado. Candia expresou o “total respaldo” do partido aos deputados provinciais e puxo en valor “a unidade e firme determinación da organización de recuperar o goberno da Deputación”.

Pola súa banda, o portavoz provincial dos populares, Javier Castiñeira, explicou que o PP fai “todo o posible” por participar na saída da crise. “Así o fixo no momento máis complicado da crise sanitaria, mentres o goberno da Deputación chegaba tarde a practicamente todo. Non estableceu axudas para a recuperación económica do tecido produtivo lucense, algo que desde o partido popular tentamos reiteradamente”, sinalou.

“Non hai capacidade para xestionar os fondos Next Generation de reactivación e resiliencia. A Deputación, tamén nisto, vai moi por detrás do resto de administracións, tanto da autonómica, que leva moitos meses traballando eficazmente, como doutras deputacións que teñen avanzados diferentes plans”, destacou Castiñeira, que remarcou que a Deputación debe “liderar, algo que non ocorre a día de hoxe”.

+ posts

ÚLTIMAS

Piden cinco anos de cárcere para unha moza por introducir droga no cárcere de Bonxe

A Audiencia Provincial de Lugo acolle este luns, 16 de novembro, unha vista preliminar...

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...