Home Lugo e contorna Lugo “Galicia non é verde” e “aquí están os antifascistas”: os berros que escoitou Rocío Monasterio en Lugo

“Galicia non é verde” e “aquí están os antifascistas”: os berros que escoitou Rocío Monasterio en Lugo

0
“Galicia non é verde” e “aquí están os antifascistas”: os berros que escoitou Rocío Monasterio en Lugo
Terraza de Lugo na que está Rocío Monasterio con Iván Espinosa de los Monteros, de Vox / youtube

Novo contratempo de Vox ao seu paso por Galicia. Esta vez correu a cargo de Rocío Monasterio, que foi increpada aos berros de “Galicia non é verde” e “aquí están os antifascistas” nunha terraza situada no casco vello de Lugo. A líder de Vox na Comunidade de Madrid atopábase na cidade lucense con motivo dun mítin ao que acudira, xunto con Iván Espinosa de los Monteros, para prestar o seu apoio á cabeza de lista do partido ultradereitista pola provincia, Sonia Teijeiro.

Rematado o acto electoral, Monasterio e Espinosa de los Monteros dispuxéronse a cear nunha terraza do centro cando foron apupados por veciños da zona que rexeitaron a súa presenza ao berro de “fóra”, “aquí están os antifascistas” e ata parafraseando o lema de campaña do partido na frase “Galicia non é verde”.

Cando a parella se decidiu a abandonar o local, sucedéronse uns aplausos que Monasterio gravou en vídeo e logo publicou na súa conta de Twitter suxerindo que foran en apoio ó seu partido.

Os chíos en resposta á publicación de Monasterio non tardaron en aparecer. En contra do suxerido pola ultradereitista, os tuiteiros que a interpelaron defenderon dende o primeiro momento o carácter irónico dos aplausos e deixaron caer que Monasterio non os comprendera por non estar familiarizada coa “retranca” galega.


Aínda que os escoltas da parella que integra a cúpula da formación esixiron a presenza da Policía Local os berros non foron a maiores.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here