Home Lugo e contorna Lugo Xosé Manuel Beiras reaparece nun acto en Lugo o vindeiro domingo 21

Xosé Manuel Beiras reaparece nun acto en Lugo o vindeiro domingo 21

1
Xosé Manuel Beiras reaparece nun acto en Lugo o vindeiro domingo 21
Xosé Manuel Beiras | Europa Press - Arquivo

O histórico nacionalista Xosé Manuel Beiras volverá situarse diante dos medios de comunicación e ante o público nun acto previsto para este domingo 21 en Lugo. O político participará na presentación da campaña de Galicia En Común-Anova-Mareas de cara ás eleccións do 12 de xullo.

Será este domingo, ás 12:30h, na Praza do Campo Castelo. Beiras comparecerá por primeira vez tras a crise da COVID-19 e fará unha valoración da situación sanitaria e dos “recortes”, ademais doutros temas que seguramente sairán a debate nun coloquio posterior á presentación da candidatura da coalición por Lugo.

Intervirán distintos membros da lista, así como Miguel Anxo Fernán Vello, candidato lucense.

+ posts

1 COMENTARIO

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here