InicioPolíticaO candidato lucense rebélase contra a dirección de Ciudadanos por querer integrarse...

O candidato lucense rebélase contra a dirección de Ciudadanos por querer integrarse dentro do PP

José Manuel Blanco aposta por que Ciudadanos vaia ás eleccións baixo as súas siglas e non integrado dentro do PPdeG.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O enxeñeiro José Manuel Blanco, candidato nas primarias de Ciudadanos á Xunta de Galicia, defende a necesidade de que esta formación se presente soa, sen ir dentro do PPdeG.

Así, denfendeu a “independencia” da formación laranxa como “partido de centro, moderado e liberal”, que debe “presentarse en solitario ás próximas eleccións autonómicas”, polo que rexeita “ coaligarse” ou “integrarse co PPdeG”.

Segundo Blanco, “os afiliados da liña oficialista xa teñen candidato antes de finalizar as primarias”, e criticou que  “Beatriz Pino se presente como candidata de Cs cando o seu candidato é Feijóo”. Desde o seu punto de vista, neste proceso de primarias “se quere prescindir do obrigado debate de ideas de cada candidato”. “

Cando un se presenta a unhas primarias debe ofrecer alternativas de goberno”, engadiu, ademais de precisar que “pedirá que se faga un debate de ideas retransmitido a todos os afiliados antes das votacións do sábado”. Ao seu xuízo, “se Beatriz Pino gaña as primarias de Cs Galicia significará a integración do partido no PP”.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...