InicioPolíticaEn Marea reclama "plans específicos" para As Pontes para que non afecte...

En Marea reclama “plans específicos” para As Pontes para que non afecte ao traballo na Terra Chá

"Esperamos que se cumpran todos os acordos sobre a restauración laboral e a recolocación de postos de traballo de toda a xente que nestes momentos vai quedar sen emprego", di.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz de En Marea, Luís Villares, envía unha mensaxe “de apoio” ás comarcas de Eume, Ferrolterra, Ortegal e Terra Chá despois de que este venres Endesa pedise formalmente pechar a central das Pontes (A Coruña) en 2020. Ademais, reclama “plans específicos” para “manter os postos de traballo” tanto nesta planta como na de Naturgy en Meirama, Cerceda.

A través dun comunicado, En Marea advirte ao Goberno central que “debe asumir dunha vez por todas que a dependencia do carbón é algo que está en vías de desaparecer”, polo que se lle debe pór “remedio”, algo que –asevera– “non se fixo nin nos orzamentos da Xunta nin nos do Estado”.

“Esperamos que se cumpran todos os acordos sobre a restauración laboral e a recolocación de postos de traballo de toda a xente que nestes momentos vai quedar sen emprego, especialmente dos traballadores das empresas auxiliares e os transportistas do carbón, pero tamén todo o municipio (As Pontes) que queda sen o seu principal motor económico”, lamenta Villares.

Neste contexto, lembra que En Marea xa “hai tempo” insiste en que a transición ecolóxica, que “necesariamente se ten que producir” en canto ás fontes de enerxía non renovables, debe ser “viabilizando as comarcas que van perder postos de traballo”.

Non en balde, Luís Villares sinala ao Partido Popular e acúsao de “desaproveitar todas as oportunidades que tivo para atender As Pontes”. “Acabou deixando tirada a toda a comarca, sen facer plans, sen orzar axudas e sen prever un proceso de descarbonización que era evidente”, denuncia, para despois apuntar que os actuais ministerios “que deberían estar a tomar decisións” sobre este problema “non o están facendo”.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...