InicioLugo e contornaLugoCampos e Méndez, á espera de iniciar as negociacións co BNG

Campos e Méndez, á espera de iniciar as negociacións co BNG

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación en funcións, Darío Campos, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, atópanse á espera de iniciar contactos co BNG para tentar alcanzar un acordo que permita renovar goberno nas dúas administracións.

Así o manifestaron antes de participar no acto do 175 aniversario da fundación da Garda Civil. Campos avanzaba que aínda non mantivera contactos cos nacionalistas, dado que polo momento o grupo atópase conformando o seu equipo (de deputados).

“Eles tampouco teñen decidido quen serán os seus deputados, e nese sentido cabe esperar como se van dilucidando as cousas”, resolvía. Doutra banda e interpelado sobre se a espera por coñecer os resultados en Monterroso, onde a candidatura socialista empatou a votos cos independentes, podía condicionar o pleno de investidura, mostrouse rotundo e asegurou que “non”.

“Iso está marcado por lei, a toma de posesión dos concelleiros nos concellos que é o día 15, como na deputación (que sería o 25)”, por tanto, ata o 17 “hai tempo”. Pola súa banda, Lara Méndez sinalou que o goberno en funcións atópase traballando “á espera de ter ese primeiro contacto co BNG para avanzar nun posible goberno de coalición”.

BNG

Logo de manter unha primeira toma de contacto co candidato nacionalista, Rubén Arroxo, o pasado luns, deixou claro que o próximo encontro, entre os negociadores, “pódese producir esta semana, ou a principios da que vén”.

“O BNG ten unha asemblea, e en función diso pecharemos unha primeira reunión”, sinalou, á vez que aseguraba que os socialistas “xa teñen perfilado” o equipo que participará na negociación.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...