InicioOpiniónDía 37 de corentena: o paso do tempo e os plans cancelados

Día 37 de corentena: o paso do tempo e os plans cancelados

Cando estudabamos literatura no instituto, na miña adolescencia perenne, non entendía nunca como os poetas teimaban en falar do paso do tempo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ramón González Rey | Cantos plans irán ao traste polo coronavirus. Grandes e pequenos. Unha escapada necesaria de fin de semana, o noso posto de traballo, unha empresa enteira. Colleitas. Vidas que marcharon e marcharán antes do que lles correspondía.

Nas nosas conversas por videoconferencia, mentres rascamos as barbas descoidadas e vemos como se entreñen e como medran os pícaros das familias, de bebés a nenos, os amigos comentamos o moito que nos tarda tomar unhas cervexas (tomar unhas cervexas non, emborracharnos) no nosos bares de sempre. E ese, quizais, é -á par de quedar na casa- o único acto de resistencia ao que por agora podemos aspirar. E tamén sexa, quizais, un punto de partida.

O PASO DO TEMPO

Cando estudabamos literatura no instituto, na miña adolescencia perenne e estática, na que o mundo enteiro era sempre unha promesa, non entendía nunca como os poetas -as poetas sempre eran, segundo o temario, menos e menos interesantes- teimaban en falar do paso do tempo. O amor, o desamor, a inxustiza e a guerra, a existencia ou non de deus, entendía (ou cría entender) todas esas experiencias. Pero o paso do tempo?

Podes lero artigo completo de Ramón González Rey no Xornal da Mariña. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...