InicioOpiniónDía 24 de corentena: os outros traballadores esenciais

Día 24 de corentena: os outros traballadores esenciais

Axentes ambientais e recolledores de lixo tamén continúan co seu importante labor durante o estado de alarma. Os aplausos das oito tamén deberan soar por eles.

PUBLICADA O

- Advertisement -

X.M.F. | Falo cun axente medioambiental para saber do seu traballo nestes momentos. “As oficinas están pechadas pero os traballos no monte seguen”, refire este axente dando a entender que o seu labor continúa, como o doutros compañeiros que teñen que velar polo territorio. Conta tamén que a consideración de ‘axentes da autoridade’ outórgalles a potestade de presentar denuncias en caso de incumprimentos do estado de alarma, co cal ademais das funcións propias que teñen estanse encargando de vixiar polo rural evitando aglomeracións.

[…]

Como vos podedes imaxinar, o seu traballo tamén é dos considerados esenciais e máis con estas novas competencias que teñen encomendadas, pero non están no ‘núcleo duro’ dos aplausos das 20:00 h. Pregúntolle se lle gustaría que os tivesen en conta para estes homenaxes, e dime que “xa temos recoñecementos nas redes sociais, pero non públicos como estes… claro que nos gustaría”.

Para rematar a conversa saco o tema da vixilancia do monte e os incendios. Estamos en abril e a finais do mes pasado xa houbo lumes importantes en Galicia. “Seica os pirómanos non respectan o confinamento, ou?”, pregúntolle ao amigo forestal. A súa contestación foi a seguinte: “A maioría si, son provocados, neste tempo tamén algún pode deberse a queimas que se lles van das mans aos que fan limpezas de castiñeiros, maleza… e iso que non se poden facer. Nesta época de marzo-abril está o monte moi seco, e temos tamén os lumes accidentais de pre-campaña, que fan menos dano que os de verán porque as temperaturas aínda non son moi altas”.

Podes ler o artigo completo de X.M.F no Xornal de Lemos. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

+ posts

ÚLTIMAS

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...

Aberta a circulación de trens na variante da Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en explotación...