InicioOpiniónDía 21 de corentena: pequenos xestos que poden provocar grandes cambios

Día 21 de corentena: pequenos xestos que poden provocar grandes cambios

A empatía cara os colectivos con necesidades especiais é necesaria, máis se cabe, nestes momentos de confinamento

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ana Belén Fernández | O 2 de abril celebrábase o Día da Concienciación sobre o Autismo, cando andabamos rondando o pico da curva. Nesa xornada fíxose un especial chamamento á empatía cara estes colectivos que teñen necesidades especiais, máis se cabe, nestes momentos de confinamento. Para moitas destas personas saírse da rutina establecida supón un maior trastorno á súa condición. O lema protagonista desa xornada foi ‘Os pequenos xestos son os responsables dos grandes cambios‘.

O día 18 de febreiro, Asperga, Asociación Galega de Asperger, celebrábao coa campaña “Haz Espacio”. Falo do síndrome de Asperger (SA), porque este trastorno de orixe neurobiolóxico está enmarcado dentro dos Trastornos de Espectro do Autismo (TEA); e son o colectivo que máis coñezo á hora de falar do autismo.

Un elefante voando. As persoas con SA saben que iso non é posible e non ven outro significado; cóstalles entender comportamentos como a ironía, o cinismo ou a falsedade. E en liñas xerais non lles entusiasma socializar nin o contacto físico coa xente. No tempo traballando con eles pensei moitas veces que a súa interpretación das cousas era máis acorde cun “mundo mellor”, ou que era a súa defensa ante un mundo no que se sinten agredidos.

Podes seguir lendo o artigo completo de Ana Belén Fernández no Xornal de Lemos. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena‘ conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...