InicioMovementos sociaisXuntos por Lugo concentrarase na N-120 en protesta polo estado desta vía

Xuntos por Lugo concentrarase na N-120 en protesta polo estado desta vía

Dende Xuntos por Lugo denuncian o "abandono histórico" que sofre esta vía de comunicación, "así como de moitas outras que tamén dependen do Goberno do Estado"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación veciñal Xuntos por Lugo realizará unha concentración de protesta, que terá lugar o sábado 28 de febreiro ás 11:00 horas, “ante o ruinoso e perigoso estado que presenta a estrada Nacional 120”.

O obxectivo desta mobilización “é esixir ao Ministerio de Transportes e ao Goberno do Estado o arranxo integral e urxente da estrada N-120, que conecta Lugo con Ourense, como fixemos tamén fixemos semanas atrás coa estrada Nacional 540″.

Dende Xuntos por Lugo denuncian o “abandono histórico” que sofre esta vía de comunicación, “así como de moitas outras que tamén dependen do Goberno do Estado”.

Baixo o lema “N-120: Estrada en ruínas. Solucións xa!”, Xuntos por Lugo denuncia que o estado actual do firme “supón un perigo constante para a seguridade viaria dos miles de usuarios que a diario teñen que empregar esta carretera”.

A asociación fai un chamamento “a todos os veciños, transportistas, usuarios afectados e a calquera outro veciño ou veciña da provincia que desexe sumarse á convocatoria para que secunden esta protesta”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...