InicioMedioambiente e PatrimonioA Xunta inicia unha nova campaña arqueolóxica no Castro do Teso da...

A Xunta inicia unha nova campaña arqueolóxica no Castro do Teso da Ermida, en Navia de Suarna

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia iniciou unha nova campaña arqueolóxica no Castro do Teso da Ermida, en Navia de Suarna, para continuar coa investigación e posta en valor deste conxunto de interese histórico e cultural, no que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude leva investidos preto de 120.000 euros desde o ano 2020.

Segundo informa a Xunta, trátase dunha intervención cuxo obxectivo é mellorar o espazo de visita aos restos, ampliando e completando a escavación e creando un itinerario de mellor acceso e interpretación para o público que visite o xacemento arqueolóxico.

Deste xeito, os labores consistirán, entre outras, na investigación e documentación, mediante levantamento topográfico xeorreferenciado con fotogrametría 3D; na escavación con metodoloxía arqueolóxica dunha área duns 60 metros; no estudo pormenorizado dos materiais mobles recuperados, e en traballos de conservación e acondicionamento básico.

Ademais, inclúense accións de difusión entre as que se atopan unha visita guiada ao xacemento unha vez finalizada a actuación e unha conferencia e un vídeo divulgativo sobre o castro.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...