InicioMedioambiente e PatrimonioO proxecto de Altri en Palas ignorou que afectará a tres especies...

O proxecto de Altri en Palas ignorou que afectará a tres especies en perigo de extición

Así o denuncia a organización ecoloxista ADEGA.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O proxecto da celulosa ALTRI na Ulloa obvia que vai ocupar un territorio proposto pola Xunta para integrar a Rede Natura 2000 e que contén endemismos galegos en perigo de extinción, en concreto, tres tipos de plantas. É a denuncia que fai a organización ecoloxista ADEGA que di que no trámite de exposición pública para a concesión de augas (captación e vertido) da fatoría que a pasteira ALTRI pretende instalar en Palas de Rei, hai interesante información sobre os “non impactos” desta macrocelulosa.

“De entrada, chama a atención que pretendan instalar todo un polígono industrial xusto a carón (a cero metros) dun espazo protexido (ZEC Serra do Careón) con hábitats prioritarios e consideren que o seu impacto sexa compatible.  A seguir, en ningunha parte do EIA (Estudo de Impacto Ambiental) menciónase o feito de que os terreos a ocupar polas infraestruturas de ALTRI fan parte da proposta de ampliación da Rede Natura 2000 galega, presentada pola Xunta tanto en 2008 como en 2011″, denuncia a entidade ecoloxista nun comunicado.

De feito, esta ampliación respostaba á necesidade expresada pola propia Comisión Europea, de ampliar a representación de determinados hábitats no Estado Español, e particularmente en Galicia. Por iso, sinala que a renuencia da Xunta a ampliar os espazos protexidos baixo esta figura provocou a apertura dun procedemento de infracción por parte da CE. “Sería paradoxal que os fondos europeos que reclama ALTRI para construir a súa fatoría serviran para coartar a ampliación da RN2000 e degradar un espazo para o que a propia CE reclamou protección”, engade.

DESAPARICIÓN DE ESPECIES

ADEGA sinala que un dos impactos máis significativos da macro-celulosa de ALTRI deriva de ubicarse nun territorio de singular rareza xeolóxica e botánica: o complexo de rochas ultramáficas do Careón. Asociadas a estas rochas aparecen especies vexetais únicas: plantas endémicas cuxa área de distribución mundial limítase a uns poucos km2 nos que afloran estas rochas serpentiníticas.

En concreto, estes raros endemismos botánicos afectados polo proxecto son a santolina de Melide (Santolina melidensis), a herba de namorar de Merino (Armeria merinoi) e a magarza de Barazón (Leucanthemum gallaecicum). Estas tres especies están catalogadas como “En perigo de extinción”, e a elas hai que engardir tamén a Centaurea gallaecica, considerada como “Vulnerábel” no Catálogo galego de especies ameazadas.

Na documentación do proxecto, ALTRI ocultou a presenza destas especies dentro das fincas ocupadas pola celulosa e noutros casos alterou a súa ubicación, segundo os ecoloxistas, malia a existiren citas recentes que certifican a presenza destes raros endemismos botánicos neses terreos

“Este tipo de esquecementos non son casuais cando se trata de vender as bondades dun proxecto (celulosa, eólica, mina…) a unha administración que xa o declarou de interese estratéxico en decembro de 2022, e para a que o noso patrimonio natural non é máis que outro molesto atranco”, conclúe.

+ posts

ÚLTIMAS

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

Centos de persoas protestan en Lugo pola retirada da bandeira palestina do Vello Cárcere tras a chegada de Elena Candia á Alcaldía

Centos de persoas concentráronse este sábado en Lugo para rexeitar a retirada da bandeira...

Elena Candia acompaña á Garda Real en Lugo no seu segundo día como alcaldesa

Elena Candia participou este sábado nos actos organizados pola Garda Real na cidade de...

Candia e Reigosa xuntas en varios actos protocolarios municipais

A concelleira non adscrita de Lugo, María Reigosa, participou este venres en varios actos...