InicioEconomíaO canon eólico financia o mellorado Punto Limpo da Fonsagrada

O canon eólico financia o mellorado Punto Limpo da Fonsagrada

A Fonsagrada poderá xestionar aparellos, electrodomésticos e aceites co acondicionamento do Punto Limpo a cargo ao Fondo de Compensación Ambiental

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello da Fonsagrada poderá proporcionar proximamente un axeitado servizo de xestión de residuos coa ampliación do Punto Limpo. Aliás, a localidade solventará esta deficiencia con recurso ao denominado canon eólico, liña de financiamento que compensa ás corporacións locais que xeran enerxía con parques de aeroxeradores.

A través da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, o Fondo de Compensación Ambiental achegará 89.000 euros para o acondicionamento das instalacións. Así, o espazo poderá recibir aparellos voluminosos e electrodomésticos de diversa índole, coma televisores ou microondas, para o seu posterior tratamento por xestores de residuos autorizados.

Asemade, a reforma do Punto Limpo abre a porta a instalar un pequeno depósito de aceites na nave almacén, que estaría adicado en especial para aqueles óleos procedentes de vehículos agrícolas.

Na actualidade, A Fonsagrada dispón xa dun centro de depuración de escasa entidade, que conta cunha superficie libre de 1278 metros cadrados. Será neste terreo da parte sur onde se emprazará o Punto Limpo.

Para poder acoller esta instalación é preciso que unha parte da parcela sexa chá, polo que proxéctase a nivelación do terreo e un muro de contención de terras. Os traballos de explanación consistirán nun pavimento de formigón que permitirá o acceso de camións para a carga dos residuos. 

A solución proposta para A Fonsagrada permitirá mellorar a comodidade na entrega de residuos, ao tempo que a posterior recollida polo xestor autorizado, garantindo as condicións de seguridade e salubridade.

Fondo de Compensación Ambiental

O coñecido como canon eólico, ou Fondo de Compensación Ambiental, comezou a funcionar en 2010 por instrucción do executivo autonómico. A iniciativa permitiu por vez primeira aos concellos beneficiarse directamente das explotacións eólicas para financiar actuacións estratéxicas.

Neste exercicio, a suma do Fondo xunto coa Orde de Infraestruturas acada un total de 13 millóns de euros para investimentos da Xunta de Galicia nas entidades locais. 

Segundo salienta o goberno galego, o Fondo de Compensación Ambiental ten un papel fundamental no reequilibrio territorial, pois a maioría dos concellos beneficiados atópanse en zonas rurais do interior de Galicia.

Deputación e 51 concellos de Lugo preparan un canon para as enerxéticas

+ posts

ÚLTIMAS

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...

Aberta a circulación de trens na variante da Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en explotación...