InicioMedioambiente e PatrimonioRibeira de Piquín tira do 'canon eólico' para protexer o patrimonio

Ribeira de Piquín tira do ‘canon eólico’ para protexer o patrimonio

O Concello de Ribeira de Piquín obtivo acceso a 63.000 euros do Fondo de Compensación da Xunta para reparar e protexer o seu patrimonio natural e monumental

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia destinou preto de 63.000 euros ao concello de Ribeira de Piquín a través do Fondo de Compensación Ambiental, co que se subvencionan actuacións que melloran o entorno e a conservación natural.

En concreto, este programa da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, facilitou financiamento para mellorar a sinalización dunha ruta de sendeirismo, a rehabilitación dun muro tradicional e a contratación de persoal para a brigada ambiental.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou hoxe a ruta de sendeirismo que parte da praia fluvial do Chao de Pousadoiro e chega ata o miradoiro de Pena Millares. A actuación neste treito consistiu na mellora da sinalización e a colocación de medidas de protección co fin de conseguir a homologación da ruta.

Balseiro explicou que a consellería tamén subvencionou o proxecto de rehabilitación dun muro tradicional no entorno da igrexa dos Vaos, neste caso a través da liña de concorrencia competitiva do Fondo de Compensación.

O delegado subliñou que as intervencións están dirixidas a procurar a conservación do patrimonio natural e monumental deste municipio, que forma parte da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón.

Neste sentido, explicou que o actual Goberno da Xunta puxo en marcha este programa no ano 2010 para financiar iniciativas de mellora ambiental, permitindo que por vez primeira os concellos puideran beneficiarse directamente da explotacións eólicas instaladas no seu municipio, posto que as actuacións que se realizan son financiadas a través do canon eólico.

O pasado mes de xaneiro publicáronse no Diario Oficial de Galicia as convocatorias para este exercicio do Fondo de Compensación Ambiental, así como da Orde de Infraestruturas -tamén dirixida a concellos-, superando entre ambas os 13 millóns de euros.

+ posts

ÚLTIMAS

En liberdade o detido por levar un coitelo e a roupa ensanguentada en Lugo

O home detido durante o fin de semana en Lugo tras ser localizado en...

O Gustavo Freire acollerá catro funcións do Circuito Galego de Teatro Afeccionado en setembro

O Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo converterase durante dúas fins de semana de...

Candia quere cambiar a relación que había coas asociacións do Arde Lucus ate agora

O Arde Lucus 2027 xa ten data: a vindeira edición da festa de recreación...

Lugo xa ten os carteis para o San Froilán e o San Froilán Miúdo 2026

O xurado encargado de seleccionar os carteis anunciadores do San Froilán e do San Froilán Miúdo 2026 reuniuse esta mañá...