InicioMedioambiente e PatrimonioA prohibición da caza do lobo pon en xaque os gandeiros: "As...

A prohibición da caza do lobo pon en xaque os gandeiros: “As axudas non cobren as perdas reais”

PUBLICADA O

- Advertisement -

A polémica arredor da protección total do lobo, prohibindo a súa caza mesmo para o control da especie, puxo en alerta ao sector gandeiro, sobre todo o sector da gandería extensiva. Os propietarios de gando temen a “impunidade” do lobo para atacar as súas propiedades. Voces sindicais apuntan á necesidade de incrementar as axudas por perdas de cabeza de gando ademais dun maior investimento en medidas de prevención. Por outra parte, empregar as batidas para o control do depredador segue tendo defensores aínda que as posturas pasan por que sexa a Administración quen leve adiante estas accións ou quen apoia a validez das batidas por cazadores.

VALORACIÓNS DESDE GANDEIROS E REPRESENTANTES

As medidas preventivas dos gandeiros pasan desde os pastores eléctricos, uso de cans mastíns e peche de fincas. “Non estamos contra a introdución do lobo dentro da lista de especies a protexer, mais non desta maneira” di Joán Alibés, membro do Observatorio Campo Grande, para a mediación entre gandeiros e administracións sobre a convivencia co lobo. “Os medios para convivir con este animal estámolos  poñendo os gandeiros”. “A proposta do Ministerio é un cambio sen diálogo e que está enfrontando posturas”.

O Observatorio editou un documento na súa web onde resaltan a necesidade de que todos os axentes implicados (administracións, ecoloxistas e gandeiros) estean nunha mesma mesa de negociación. A finalidade é que non haxa medidas unilaterais en prexuízo de terceiros.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

Lugo reforzará a seguridade do San Froilán con máis cámaras, unha terceira ambulancia e avaliación de riscos por evento

O Concello de Lugo reforzará este ano o dispositivo de seguridade das festas de...