InicioMedioambiente e PatrimonioO porco celta, unha vía de desenvolvemento socioeconómico e ambiental para o...

O porco celta, unha vía de desenvolvemento socioeconómico e ambiental para o rural galego

Iván Manuel Rodríguez Paz presentou na Facultade de Veterinaria unha tese doutoral sobre a evolución desta raza.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Facultade de Veterinaria de Lugo acolleu o pasado venres 30 de outubro a presentación dunha tese doutoral sobre a evolución do porco celta. Neste traballo de investigación, o veterinario e director técnico da Asociación de Criadores de Raza Porcina Celta (Asoporcel), Iván Manuel Rodríguez Paz, conclúe que se produciu un aumento desta actividade gandeira e que esta especie comeza a gozar de certo prestixio comercial.

A tese, que foi cualificada cun sobresaliente cum laude, fai un repaso polas tarefas de recuperación da raza porcina celta dende os seus inicios ata a actualidade. Neste sentido, salienta a relevancia do Libro Xenealóxico da raza para poder identificaar e relacionar os animais.  “É imprescindible traballar no aumento dos censos de animais e das ganderías que se dedican á súa cría para garantirlle a supervivencia como raza”, asegura Rodríguez Paz.

REFERENTE GASTRONÓMICO

Porén, o veterinario entende que “para acadar este fin as granxas de porco celta teñen que resultar sostibles e rendibles por si mesmas, cuestión na que xoga un papel importante a fase última de comercialización da carne e produtos derivados”. A alimentación, a innovación e as boas prácticas sanitarias e de hixiene son uns dos principais factores que definen esta rendibilidade final.

“É unha vantaxe que o porco sexa un referente de excelencia gastronómica en Galicia”, sostén o autor da tese en relación ao apoio dos mercados. A caracterización comercial da raza, segundo sinala outra das conclusións da tese, vén dada polo asentamento a partir do ano 2016,da marca de calidade 100 % Raza Autóctona Porco Celta que ampara os produtos desta raza nos espazos comercial.

GARANTÍA DO RESPECTO MEDIOAMBIENTAL

Ademais, a importancia do porco celta en Galicia tamén se deixa ver nos ámbitos socioeconómico e ambiental, “xa que é unha actividade viable nas zonas xeográficas máis desfavorecidas, combate o despoboamento rural e crea emprego mentres axuda ao mantemento da paisaxe característica e prevén incendios forestais”.

Finalmente, Rodríguez Paz remarcou que “non son poucas as razóns para traballar no mantemento e crecemento desta raza autóctona”, motivo polo cal a súa intención é dar continuidade a esta tese coa edición posterior dun libro, pois considera que “é un traballo que pode ser útil para seguir impulsando o crecemento da raza e o seu estudo e para poñer en valor cada día un pouco máis todas as vantaxes que nos reporta”.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...