InicioMedioambiente e PatrimonioOlalla Rodil: "Co BNG na Xunta, haberá unha solución efectiva para as...

Olalla Rodil: “Co BNG na Xunta, haberá unha solución efectiva para as pallozas do Piornedo”

A deputada nacionalista criticou que o goberno do PP retirara as axudas do Instituto Galego de Vivenda e Solo para a rehabilitación e mantemento de construcións tradicionais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A deputada do BNG no Parlamento de Galicia, Olalla Rodil, visitou a aldea do Piornedo (Cervantes) para coñecer de primeira man o estado deste enclave dos Ancares lucenses. “Cun goberno do BNG na Xunta, haberá unha solución efectiva para as pallozas“, afirmou, en relación á deterioración destas construcións tradicionais.

Rodil mantivo un encontro coa veciñanza do Piornedo, que xa ten denunciado en múltiples ocasións o “abandono” que sofre ese “patrimonio único”. De feito, unha asociación decidiu pór en marcha un ‘crowdfunding‘ para sufragar os custos de teitar as pallozas. “Nós estamos dispostos a facer o que poidamos, pero non é suficiente”, dicían, a modo de chamamento á axuda institucional.

CRÍTICAS ÁS POLÍTICAS DO PP

“O goberno do Partido Popular retirou as axudas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo ofertaba para o mantemento e rehabilitación das construcións tradicionais, neste caso as pallozas”, criticou Olalla Rodil. A nacionalista comprometeuse a que “a partir do 5 de abril, o BNG traballará para dar solución ao estado de abandono ao que o PP levou o rural galego”.

Rodil tamén lembrou que o seu partido xa presentou diversas propostas para apoiar o mantemento destas estruturas. “Sabemos que é custoso, pero as institucións públicas deben preocuparse por manter en bo estado unha importante peza do noso patrimonio, que xa foi declarado Ben de Interese Cultural”.

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: “Satisfación” dos sindicatos en Lugo, a pesar da “presión policial” e “servizos mínimos abusivos”

Os sindicatos amosáronse este mércores "satisfeitos" co seguimento da folga xeral na provincia de...

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Multan con máis de 21.000 euros a un home por tocar o traseiro a unha muller en Lugo

Un home foi multado con máis de 21.000 euros por lle tocar o traseiro...