InicioMedioambiente e PatrimonioOuteiro de Rei pretende ser "pioneiro en Galicia" na xestión de biorresiduos

Outeiro de Rei pretende ser “pioneiro en Galicia” na xestión de biorresiduos

Prevese implantar 175 contedores marróns que converterán estes residuos en compost ou en enerxía.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, informou de que o municipio de Outeiro de Rei se converteu en “pioneiro” a nivel lucense e galego en canto á xestión dos biorresiduos. Manifestouno así en relación á implantación de 175 unidades do chamado “quinto contedor”.

A titular de Medio Ambiente visitou esta mañá Outeiro de Rei, en compañía do alcalde , José Pardo Lombao, para coñecer de primeira man o programa para a instalación deses 175 contedores marróns, cos que se busca transformar esa parte dos residuos en compost ou nunha fonte de enerxía.

FASES DE IMPLANTACIÓN

Vázquez precisou que a colocación e distribución dos contedores marróns en Outeiro de Rei comezará polos grandes produtores de biorresiduos, como son supermercados, restaurantes e residencias de maiores. Á súa vez, a instalación nos núcleos de poboación comezará pola urbanización de Santa Isabel, cuxos veciños participarán nun proxecto piloto para avaliar a recollida de biorresiduos.

Nese sentido, precisou que este municipio servirá de “exemplo” para os demais á hora de iniciar unha nova xestión deste tipo de residuos.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...